Imprimir
Nov
12

O Comercio asociado de Cangas e a Praza de Abastos ofrecerán aparcamento gratuíto aos seus clientes

presentacin_campaa_aparcamento_gratuito_2010_212/11/2010 Esta mañá tivo lugar no Concello de Cangas a presentación da Campaña de Dinamización Comercial no cal se inclúe o Aparcamento Gratuito no casco urbano de Cangas da man de Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, Rebeca Rodríguez, xerente da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Cangas, María José Vilas, Concelleira de Tráfico e Seguridade e Anxo Iglesias, responsable do Parking Avenida de Marín.


Venres, 12 de novembro de 2011


 

Humanización das rúas de Cangas

presentacin_campaa_aparcamento_gratuito_2010_2O Concello de Cangas xa anunciara días atrás o proxecto dunha campaña de humanización das rúas nesta localidade onde se teñen atopado en reiteradas ocasións aparcamentos indebidos, estacionamentos enriba da beirarrúa, aglomeracións de automóbiles no casco urbano, etc.

Esta idea materialízase nunha campaña na que participarán o Comercio asociado do casco urbano de Cangas e a Praza de Abastos, proporcionando facilidades de aparcamento aos seus clientes.

Esta sinerxia significará, por outra banda, unha dinamización comercial na que se pretende dar un servizo engadido a quen merque nesta localidade.

A campaña terá unha duración dun mes, ata o 15 de decembro deste ano.

Cóntase coa colaboración do Parking Avenida de Marín, que prestará as súas prazas de aparcamento en horario de 9 h. a 14 h., de Luns a Venres, ata o remate da campaña.

Presentando o ticket do parking en algún comercio asociado a FECIMO do casco urbano de Cangas ou da Praza de Abastos, seralle entregado un boleto para que o aparcamento lle saia de balde.


La Voz de Galicia.- sábado 13 de novembro de 2010

Atlántico Diario.- sábado, 13 de novembro de 2010

Faro de Vigo.- sábado, 13 de novembro de 2010



Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo