Imprimir

Por qué asociarse?

logoredondo

 Asociarse a FECIMO ten moitas vantaxes.Se o desexas, un técnic@ da Federación visitarate para dar información en detalle de todo o que conleva ser asociad@ a Fecimo. Para comezar dámosche dez razóns:

 1 CONVENIOS

     convenios_1024x768Os asociados a Fecimo contan coa posibilidade de desfrutar de importantes descontos en servizos tales como a telefonía, os combustibles, ou os seguros de saúde entre outros. Mención especial recibe o convenio financieiro con NOVACAIXAGALICIA, que ofrece interesantes condicións de financiación aos nosos asociados. Estes convenios son froito das negociacións da Federación coas entidades participantes.
Máis información

2 FORMACIÓN

      formacin_1024x768 Ao longo do ano, a Federación, en colaboración con centros de ensinanza da Comarca, realiza cursos de formación e especialización para os seus asociados, co fin de que ano tras ano os interesados poidan adquirir novas habilidades e coñecementos. Esta labor de formación é un compromiso da Federación cos nosos asociados para garantir que o servizo que ofrezan aos seus clientes sexan da maior calidade posibles.
Máis información

 3 FEIRAS

feiras_1024x768     Cada ano, a Federación, dentro da súa labor de promoción do comercio da comarca, realiza feiras nos 3 concellos que acollen aos nosos asociados. Estas feiras están destinadas a dar a coñecer e achegar o comercio e, en xeral, a pequena e mediana empresa, ás xentes do Morrazo, a liquidar stocks de mercadorías xerados en anos anteriores e a promover a conciencia ecolóxica e o respeto polos valores naturais do Morrazo. As empresas asociadas terán acceso exclusivo ou tarifas especiais.
Máis información

4 LEXISLACIÓN

lexislacin_1024x768     Como asociado/a a Fecimo poderás consultar toda a lexislación dispoñible no concerniente á túa actividade comercial ou empresarial e consultar cos técnicos da Federación os aspectos legais que queiras coñecer.
Máis información


5 SUBVENCIÓNS

      subvencins_1024x768Estar asociado a Fecimo é unha vantaxe se che interesa solicitar unha subvención. Dende a Federación ofrecese asesoramento sobre os trámites pertinentes.
Máis información


 

6 INFORMACIÓN

     informacin_1024x768A federación mantén informados a tódolos asociados das novidades que poidan ser de relevancia para as súas empresas. A información envíase ben por correo electrónico ou por correo ordinario. No caso de novas que afecten a lexislación ou temas de especial interese organizanse xornadas informativas na sede da Federación.
Máis información

7 OFERTAS

ofertas_1024x768     Ademais dos convenios con grandes empresas, os asociados a Fecimo poden desfrutar de importantes descontos de empresas asociadas para os demáis asociados. Esta forma de promoción beneficia a tódolos asociados de Fecimo e supón unha vantaxe competitiva para moitas das nosas empresas.
Máis información 

8 ACTIVIDADES

      actividades_1024x768Ademais da realización das feiras, os asociados a Fecimo desfrutan tódolos anos de infinidade de actividades e eventos organizados para promover o consumo na Comarca. Así, realizanse campañas como a campaña de Nadal, o día da Nai ou a Vola ao Cole. Este tipo de propostas teñen gran aceptación entre o público en xeral polo volume de regalos que se entregan e pola cuantia dos mesmos.
Máis información

9 REPRESENTACIÓN

      representacin_1024x768Os asociados a Fecimo desfrutan tamén da capacidade de negociación colectiva e representación ante as administracións da que dispón a Federación. Fecimo está presente en organismos como a Cámara de Comercio de Pontevedra, a Confederación de Empresarios ou o Foro Galego de Comercio e a súa opinión e posicionamento é respetado e tido en conta polas administracións locais e autonómicas. 
Máis información

 10  COMPROMISO

      compromiso_1024x768A participación na Federación ten un valor engadido para os seus asociados, Fecimo promove o respeto pola conservación do Morrazo e polo benestar da súa xente. Son moitas as actuacións que se levan a cabo neste eido, como por exemplo a realización de roteiros para poñer en valor os nosos recursos naturais, ou a edición de libros que recollan e divulguen a cultura das nosas vilas. A marca de Fecimo é un ben valorado que crece ano tras ano.

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo