Imprimir

A Praia dos teus soños...agárdate no Morrazo

CAMPAÑA " A PRAIA DOS TEUS SOÑOS....AGÁRDATE NO MORRAZO"

a_mellor_praia115/07/2011 A península do Morrazo é ben coñecida polas súas magníficas praias, 14 delas premiadas co distintivo de Bandeira Azul, que cada ano reciben milleiros de visitantes.

Agora os fans desta terra teñen a posibilidade de escoller a súa favorita de entre esas 14 praias, a través da páxina de facebook “Vive O Morrazo”, de recente creación e que xa conta con máis de 500 amigos.

A través dunha aplicación elaborada para tal fin, e baixo o eslogan: “A praia dos teus soños…agárdate no Morrazo” os fans poderán votar pola praia que desexen dentro das Bandeiras Azuis da península, e rematada a votación darase a coñecer cal é o areal preferido polos usuarios. Ademais, entre os participantes serán sorteados importantes premios.

    
     PREMIOS

     O simple feito de participar na votación, pode ter premio. Realizaranse sorteos aleatorios para conceder os seguintes agasallos:
    
     - A primeira semana sortearase unha cea no Morrazo para dúas persoas nun restaurante asociado á federación.
     - A segunda semana, un circuito termal máis tratamento para dúas persoas no Thalaso Tessal Moaña.

       - E como premio final entre todos os que votaron nas tres semanas de concurso: Unha estancia de fin de semana nun establecemento do sector de aloxamentos asociado para dúas persoas máis vales compra.
    
     “VIVE O MORRAZO”

       A páxina de fans “Vive O Morrazo” é unha iniciativa que nace da man da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO-, para compartir coa comunidade usuaria de facebook o comercio local, a hostalaría e a pequena e mediana empresa en xeral, a cultura, a gastronomía, en fin, todo aquelo que fai especial a terra que nos acolle.

       É un espazo creado para servir de guía e referencia a tódolos/as morracenses e visitantes, onde coñecer os eventos, promocións, festas e concursos que se levan a cabo no contorno e participar activamente na xeración de contidos e mellora dos mesmos. 

Faite Fan e vota en VIVE O MORRAZO

Delmorrazo.com, 18 de xullo de 2011

TUAPLI, 19 de xullo de 2011

Código Cero, 21 de xullo de 2011

Melide resulta ser a praia con bandeira azul mellor valorada do Morrazo


Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo