Imprimir

Dimensión Social

logoredondo

 DIMENSIÓN SOCIAL

dimension social1

 CIDADÁNS

Fecimo é consciente do seu papel dinamizador da economía e da sociedade do Morrazo, polo que ostenta a representatividade en diversos estamentos coma os consellos escolares co fin de buscar unha formación e un futuro prospero para as novas xeracións do Morrazo. Fecimo asi mesmo aposta firmemente pola cultura do Morrazo e decidiuse a formar parte do Padroado “EmerxeMorrazo” que  apoia aos artistas emerxentes do Morrazo co fin de que poidan amosa-la súa arte cara o mundo. Dende a federación tamén se colabora e apoian diversidade de eventos que pola suas características sexan de especial interese para a sociedade do Morrazo, devolvendo en parte a confianza que os veciñ@s do Morrazo poñen nas empresas asociadas.

 

TRABALLADORES

A federación de comerciantes e industriais consideran que o capital humano é un dos factores máis relevantes na andaina das nosas empresas, xa que é o capital de máis dificil sustitución e o que aporta o maior valor engadido nas empresas. Pero o capital humano das empresas non pode ser considerado un factor produtivo máis, ten compoñentes sociais e persoais que se deben ter en conta para coidalo. Froito disto detectáronse necesidades de implantar medidas de conciliación da vida familiar e persoal na Federación. Entre as medidas implantadas destacan a flexibilidade horaria que permite que tódolos traballadores/as disfruten de dúas xornadas intensivas na semana e poidan decidir en función das súas responsabilidades o horario que mellor se axusta a súa situación. Outro dos aspectos importantes para Fecimo é a formación do seu capital humano, por isto, tódolos anos se ofertan entre os seus traballadores cursos de formación e se financi a asistencia de cursos charlas e obradoiros que posibiliten a adquisición de coñecementos ou competencias que redunden no beneficio da federación.

 

ASOCIADOS

Fecimo ten nos seus asociados un dos seus pilares fundamentais, e é deber da Federación ofrecer todala información necesaria sobre a xestión e funcionamento da entidade. Para garantir a transparencia na execución e toma de decisións, tódolos martes de cada mes, o equipo de técnic@s da Federación se reune cos representantes das xuntas directivas das Asociacións Locais e se presentan os proxectos, propostas, contas, e todo tema susceptible de ser coñecido polos asociados/as para coñecer o seu parecer e dar información pública sobre o mesmo. 
  

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Fecimo é parte da sociedade do Morrazo e como tal manten unha excelente relación coas administracións públicas xa que son estas os órganos administrativos responsables de manter e garantir o estado de benestar na nosa sociedade. Fecimo forma parte das mesas locais de comercio dos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña participando activamente na toma de decisión relativa ao concerninte a estes tres concellos na indole comercial-empresarial. Fecimo manten representatividade e canles de comunicación abertas cos organismos provinciais e autonómicos como Deputación e Xunta de Galicia.
  
 

PROVEDORES

O impago de facturas é un dos maiores problemas cos que se estan a atopar as empresas do Morrazo nestes tempos de carencia de crédito. Por isto a Federación de comerciantes acadou o acordo de pagar as súas facturas con provedores nos 15 días seguintes á finalización do servizo contratado ou ao ingreso da subvención pertinente se o servizo contratado vai a cargo da mesma. Fecimo, por contra, esixe aos seus provedores/as non estar incursos en situacións de irregularidades laborais ou ecolóxicas para poder converterse en provedores da entidade.

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo