Imprimir

Festival Social Media de Galicia

I FESTIVAL SOCIAL MEDIA DE GALICIA "#MEXILONSETUITS"

mexilonsetuitslogo03/05/2012 Promovido por distintas entidades do Morrazo premiarase ás mellores iniciativas nas plataformas de comunicación social. O certame tamén incluirá formación, sesións de networking e traballará a posta en valor do turismo e a gastronomía da comarca do Morrazo.

Co ánimo de premiar os mellores traballos galegos de marketing en redes sociais, varias entidades da comarca do Morrazo, veñen de crear a primeira edición do MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia, que se celebrará o vindeiro 9 de xuño en Bueu.

Empresas grandes e pequenas, marcas, axencias de comunicación e publicidade ou  persoas a xeito individual teñen cabida nesta iniciativa a nivel autonómico concebida arredor das novas tecnoloxías, pero que ten tamén como obxectivo a posta en valor da comarca do Morrazo no seu conxunto.

Nesta primeira edición farase entrega dos primeiros Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais. Xa está aberto o prazo para que aqueles que desexen participar neste certame, nalgunha das categorías do concurso, poidan xa inscribirse na web www.festivalsocialmediadegalicia.com, a través da que terán que achegar todos os datos do proxecto, campaña ou iniciativa que queiran presentar ao concurso así como a categoría á que se presenta. Cóntase tamén coa colaboración do Concello de Bueu, da Confraría de Bueu e do Museo Massó entre outros.

O concurso inclúe dez premios noutras tantas categorías:

- Mellor Axencia 2011
- Mellor Blog Gastronómico
- Mellor Blog de Turismo
- Mellor Blog informativo/cultural
- Mellor Blog de Moda
- Mellor Video Viral
- Mellor Campaña en Canles Sociais
- Mellor Integración Online/Offline
- Mellor Campaña Low Cost 
- Mención Especial Territorio Nacional, na que se premiará a que se considere a mellor campaña publicitaria do estado.

En todos os casos terase en conta a orixinalidade, o impacto e a innovación para decidir quen serán os gañadores, unha decisión que estará en mans dun xurado composto por relevantes profesionais, de moi distinto ámbito (turismo, comunicación, redes sociais...).

Pero o MexilOnseTuits non queda aí posto que o obxectivo é que ese día se convirta nun verdadeiro punto de encontro para que todo aquel que o desexe, poida obter máis información e asesoramento sobre as redes sociais. Por iso o proxecto inclúe unha parte importante adicada ao aspecto formativo para novas empresas que desexen introducirse nestas canles de comunicación ou leven pouco tempo realizando estratexias online. Para todas elas, e para todos os participantes, o Festival do Social Media suporá un punto de encontro para o networking, onde empresas e os emprendedores poidan compartir ideas e establecer sinerxias para futuros traballos.

Gastronomía e actividades lúdicas

Pero non todo vai ser traballo, e o MexilOnseTuits tampouco se esquece que todo festival ten que ter un compoñente lúdico polo que non faltarán sorpresas para o público e actividades de lecer durante o serán para os participantes, como actuacións musicais ou paseos en embarcacións tradicionais, ademais da comida e degustación da gastronomía galega.

Para poder participar, tanto como candidato nunha ou varias categorías como para facelo como público asistente, a organización xa habilitou na web os formularios de inscrición. O custe da entrada será de 15€ se a reserva se fai antes do 15 de maio, polo que os organizadores animan a todo aquel que estea interesado no mundo das redes sociais a que se vaia facendo coa súa entrada do MexilOnseTuits, chamado a convertirse nunha cita imprescindible para o sector en Galicia.

 

Para máis información ou entrevistas:

Teléfono de contacto de FECIMO: 986 305 000

 Páxina Facebook

Páxina Twitter

Bueu acollerá en xuño o primeiro festival do Social Media de Galicia

 Aberto o prazo para participar como público no #MEXIOLONSETUITS, o Festival do Social Media de Galicia

O éxito de público e proxectos a concurso avalan a primeira edición dos #MEXILONSETUITS

 

 

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo