Imprimir

Campaña Pousavasos 2012

 CAMPAÑA POUSAVASOS 2012 _ EN PROL DA LINGUA GALEGA

posavasos216/07/12 FECIMO pon en marcha unha campaña moi especial en prol da Lingua Galega, baixo unha idea trasladada polo Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. do Hío, e que a federación elaborou con mimo para trasladar a toda a comarca.

O proxecto componse duns pousavasos de cartón impresos a dobre cara que levan escritas mensaxes de promoción da nosa lingua, así como encrucilladas e espirais de palabras en galego, frases típicas do Morrazo, etc., acompañadas de eslóganes que chaman a atención dos seus posuidores: “Solta a lingua: fala galego”, “O galego do Morrazo: a mar de rico”, “Ter unha lingua enriquécenos, falala identifícanos”… e así ata seis deseños en formato coleccionable, con seis imaxes e deseños diferentes.

POSAVASOS 2012Nesta semana comeza a distribución do material, que estará presente en Bueu, Cangas e Moaña, englobando aos preto de 80 establecementos de hostalaría asociados a FECIMO.

Esta iniciativa agarda chegar a moita xente, dado que foi sacada á rúa coincidindo coa época estival, cando as vilas do Morrazo multiplican a súa poboación e o sector do turismo e hostalaría ve incrementada a súa actividade.

Debido ao seu carácter atemporal, estes posavasos tan especiais estarán na rúa tamén no inverno nos bares e cafeterías ata esgotar existencias.

FECIMO agradece que o Equipo de Normalización Lingüística do Hío pensase na federación para a posta en marcha desta idea, coa que a entidade se sinte identificada dado o seu compromiso coa lingua e cultura galega.

Máis información 

 

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo