Imprimir

Campaña EXPRÍMEA!

Agora que a coñeces EXPRÍMEA!

TARXETAS BUEU CANGAS E MOAÑA exprimea 123Coa tempada Outono/Inverno chega a segunda edición da TARXETA DE FIDELIZACIÓN das empresas asociadas do Morrazo.

Os consumidores a utilizarán a modo de pasaporte. Cada vez que merquen nun establecemento adherido á promoción, precibirán un adhesivo. Nesta edición, os clientes deberán conseguir os adhesivos de 4 establecementos diferentes e terán un prazo de 2 meses para conseguilo, podendo cubrir varias tarxetas.

Unha vez conseguidos 4 adhesivos, a tarxeta cubrirase con nome e apelidos e teléfono de contacto. O cliente poderá depositala na furna de calquer establecemento participante. Así, entrará no sorteo final.

O persoal de FECIMO pasará polo seu negocio a recoller as tarxetas que acumule, e o día 10 DE DECEMBRO realizaremos o sorteo.

MATERIAL

flyer exprímea2222A casa establecemento que desexe participar entregarase:

- 50 folletos informativos
- 50 tarxetas de fidelización
- 100 adhesivos
- Un cartel publicitario como identificativo da campaña, para colocar na porta ou escaparate.
- Unha furna onde os clientes depositarán as tarxetas unha vez cubertas.
- Unha vez pechada a inscrición, tamén entregaremos cartel coas empresas participantes, para o coñecemento dos seus clientes.

Se precisa máis tarxetas póñase en contacto con FECIMO. Entregaranse ata esgotar existencias. 

PREMIOS_ 2.500 € en cheques compra

Os premios consistirán en 25 premios de 100 euros, que se entregarán en cheques-compra para o seu posterior canxe en calquer empresa asociada a FECIMO. Realizarase un sorteo aleatorio entre todas as tarxetas recibidas.

Os gañadores terán un prazo de 1 mes para canxear o seu premio a partir da data do sorteo.

DATAS IMPORTANTES DA CAMPAÑA

Prazo para adherirse: ESTA CAMPAÑA É GRATUÍTA, dirixida ás empresas asociadas, de calquer sector ou actividade. Se desexan adherirse deben poñerse en contacto con FECIMO antes do 24 de setembro para comuncar a súa participación. Poderán facelo por teléfono no 986 30 50 00 ou enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Recepción do material: Como de costume, os establecementos participantes da localidade de Cangas deberán pasar a recoller o material en FECIMO o 4 de outubro. No caso de Bueu e Moaña, faremos reparto ese mesmo día.

Comezo da campaña: esta campaña porase en funcionamento o sábado 5 de outubro.

Último día de recollida de tarxetas: Os consumidores, unha vez cubran correctamente a súa tarxeta, poderán depositala en calquer establecemento participante. Terán ata o 9 de decembro para entregalas.

Será responsabilidade do comercio gardar as tarxetas que paulatinamente lle vaian entregando. O día 10 de decembro o persoal de FECIMO pasará polo seu establecemento a recoller as tarxetas que acumule.

Data do sorteo: O Martes 10 de decembro celebrarase o sorteo aleatorio dos 25 premios entre todas as tarxetas recibidas. Será ás 21:00 h no transcurso da Reunión da Comisión Executiva de FECIMO.

Galería Fotográfica de ganadores

Circular Informativa

Bases da Campaña

Establecementos adheridos á campaña

Da comezo a campaña de tarxeta de fidelización EXPRÍMEA!

Promoción da Campaña EXPRÍMEA! nas rúas do Morrazo

Realizado o agardado sorteo de premios da Campaña "EXPRÍMEA!" con 25 gañadores de 100€

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo