Imprimir

Campaña Nadal 2013

TODO UN CLÁSICO DO NADAL NO MORRAZO

Os gañadores de 1.500€ na Campaña de Nadal reciben o seu premio da man dos comerciantes do Morrazo

Premiada 1500 217/01/14 Esta semana procedeuse á localización dos tres gañadores, neste caso gañadoras, dos premios finais da Camapaña de Nadal, organizada como cada ano polas empresas do Morrazo asociadas a FECIMO. Tralo sorteo e o anuncio en prensa, procedeuse á súa identificación e á entrega do cheque de 1.500€, que recolleron na propia tenda onde fixeron a compra, da man dos seus responsables.

  

Premiada 1500Esta campaña estivo en vigor dende o día 9 de decembro, e no seu transcurso foron rexistradas preto de 60.000 participacións na páxina web www.compranomorrazo.com , por todos aqueles fieis do comercio local nestas datas festivas. 

Como broche final, o sorteo da campaña realizouse o pasado domingo día 12 de xaneiro, no marco da IV Gala do Comercio do Morrazo conducida polo xenial actor Luis Zahera. Unha aplicación informática escolleu ao azar aos tres premiados/as con cheques compra de 1500 euros, un por cada localidade: Bueu, Cangas e Moaña.

Dende FECIMO damos a noraboa aos agraciados e ás tendas que repartiron o premio, que foron:

Código Nome Establecemento Premio
CZL9L5F Marta Maria Limens Pazos Regalía Premio de 1500 euros
RYY0D9K Mª Isabel Gómez Juncal Deportes Plusmarca Premio de 1500 euros
SJV7C0A Beatriz Parcero Garcia Mercería La Orquídea Premio de 1500 euros

Premiada 1500 2Estas tres persoas terán como prazo ata o 12 de febreiro (un mes) para canxear os seus cheques nas empresas participantes da Campaña de Nadal, un total de 210 entre as tres localidades, sendo diversidade de sectores: moda, alimentación, hostalaría, saúde, construción, etc… Unha gran cantidade de empresas onde poden atopar o que precise.

Estes tres premios poñen fin á campaña que este ano levou por nome “Todo un clásico do Nadal no Morrazo”, pois a campaña leva realizadas 13 edicións e son premios con moita sona na nosa comarca. En total este ano repartíronse máis de 7.000€ entre os clientes, do seguinte xeito: 35 premios de 50€, 3 premios de 100€, 3 premios de 200€ e estes tres de 1.500€.

Premiada 1500 1Esta campaña está incluida no Proxecto de Dinamización de FECIMO 2013 para accións de incentivación da demanda comercial da comarca do Morrazo que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio en desenvolvemento do Plan Ágora, Agora Re-Comercia 2010-2013.

Os premiados poden consultarse na páxina habilitada para a campaña: www.compranomorrazo.com na pestana “GAÑADORES”.

   

  

Publícanse os gañadores dos 3 premios de 1.500€ en cheques-compra da Campaña de Nadal

gala 2014 113/01/2014 Celebrouse onte en Bueu, no Centro Social do Mar, a IV Gala do Comercio do Morrazo, un gran evento onde foron entregados os premios de 100€ e 200€ aos gañadores e foi realizado en directo o sorteo final dos grandes premios da Campaña de nadal: 3 premios de 1500€, un por localidade (Bueu, Cangas e Moaña).

  

gala 2014 2Esta gala, organizada anualmente, pon broche final á Campaña de Nadal das empresas do Morrazo e serve para poñer en valor o traballo do pequeno comercio e a asociación que os reúne.

O Centro Social do Mar rexistrou un cheo de público e recibiu con aplausos ao presentador deste ano que foi o premiado actor Luis Zahera. Conduciu con humor unha hora e media de espectáculo onde tampouco faltou a música, a cargo de Diana Tarín Band.

Subiron tamén ao escenario o Presidente de FECIMO, Xosé Bangueses, a Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez e o Alcalde de Bueu, Félix Juncal. Agradeceuse tamén a presenza entre o público de representantes de NovaGalicia Banco.

Asimesmo, contouse coa asistencia de diferentes autoridades como a parlamentaria Berta Pérez, membros da corporación municipal de Bueu e Moaña e representantes de partidos políticos da comarca. Por parte do asociacionismo comercial contouse coa presnza da presidenta de FECOVI, Federación de Comercio de Vigo, Encarna Álvarez.

gala 2014 3De seguido, fíxose entrega dos premios de 100€ e 200€ aos gañadores da Campaña “Todo un clásico do Nadal no Morrazo”, da man dos responsables dos comercios onde tocaron:

CÓDIGO NOME ESTABLECEMENTO PREMIO
ULC3A7C Ana María González González VILAFER Premio de 100 euros
YUW2X4G Carmen Durán Alonso MANXARICO Premio de 100 euros
AXF9D9N Silvia Juncal Piñeiro JOYERÍA TERRA Premio de 100 euros
QOB0F3U Angeles Araujo Vidal LA RICOSA Premio de 200 euros
XEL1V5C Lydia Cortizo Lemos PANADERÍA AMADOR Premio de 200 euros
DZD4C1U Noemí González Colorado RINCÓN DE PÓ Premio de 200 euros

A Gala rematou co agardado sorteo dos grandes premios da Campaña de Nadal, os tres de 1.500 € en cheques compra. Luis Zahera fixo subir á escena a tres mans inocentes do público para facer “clic” na aplicación informática que recollía todos os códigos rexistrados. Cómpre salientar participaban nese gran “bombo virtual” uns 60.000 códigos. Dende FECIMO damos a noraboa aos agraciados e ás tendas que repartiron o premio, que foron:

CÓDIGO NOME ESTABLECEMENTO PREMIO
CZL9L5F Marta Maria Limens Pazos Regalía Premio de 1500 euros
RYY0D9K Mª Isabel Gómez Juncal Deportes Plusmarca Premio de 1500 euros
SJV7C0A Beatriz Parcero Garcia Mercería La Orquídea Premio de 1500 euros

 

Presentación da Campaña de Nadal 2013

cartel nadal 2013121/11/2013 Por fin chegou a data máis agardada!  Xa estamos no Nadal, e con él chega o sorteo de premios máis famoso da nosa Comarca, o que levamos celebrando as empresas asociadas dende fai 13 anos. A Campaña de Nadal de FECIMO converteuse xa nun clásico do Nadal do Morrazo para os nosos veciños. Como non, un ano máis, celebraremos estas datas de ledicia e agasallos con todos eles.

A continuación vos informamos do funcionamento da promoción, os importantes premios que se sortearán e o material que recibiredes para decorar o voso establecemento, así como as bolsas decoradas para esta data tan especial.

Os premios que se sortean estarán moi repartidos entre as tres localidades, seguindo o SISTEMA DE REXISTRO DE CÓDIGOS que xa coñecedes.

Como broche final, celebraremos a cuarta edición da GALA DO COMERCIO DO MORRAZO o Domingo 12 de xaneiro, que este ano será celebrada en Bueu (faise de xeito rotativo, un ano en cada localidade) Alí se sortearán os tres premios de 1.500 €.

CONCURSO MEDIANTE CÓDIGOS - FUNCIONAMENTO

Cada vez que un cliente consuma nun comercio ou empresa participante entre o 9 de decembro de 2013 e o 8 de xaneiro de 2014 optará a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final.

Co ticket de compra seralle entregada unha tarxeta cun código de números e letras por compra mínimas de 10 euros e un máximo de 3 tarxetas por gasto.

O cliente entrará na páxina web: www.compranomorrazo.com e introducirá o código para saber se resulta premiado. Así saberá se o seu código resultou premiado cun premio directo de 50, 100 ou 200 euros.

É moi importante gardar o código de participación e o ticket de compra como comprobante do premio.

Se non resultou premiado, debe gardar igualmente o código e o ticket de compra para o GRAN SORTEO FINAL dos premios de 1.500 €.

codigo nadal 20131PREMIOS DA CAMPAÑA

Máis de 7.000 €* (Libres de Tasas e Impostos)

Repartidos do seguinte xeito:

3 PREMIOS DE 1.500€ (1 por localidade)

Outros: 3 PREMIOS DE 200 €
               3 PREMIOS DE 100 €
               35 PREMIOS DE 50 €

* Estes fantásticos premios entregaranse en CHEQUES-COMPRA para gastar nos establecementos asociados PARTICIPANTES na campaña.

INICIO DA CAMPAÑA

O LUNS día 9 de DECEMBRO as empresas participantes poderán comezar a entregar boletos aos seus clientes.

ELEMENTOS DA CAMPAÑA

- 400 Boletos con códigos (se quixese outro lote de 400 boletos, o seu custo é de 4 €)
- Elementos Publicitarios: Cartelería e octavillas informativas.
- Elementos Decorativos: Guirnaldas e pegatinas para colocar na paquetería de regalo.

bolsa nadal 20131LOTE DE BOLSAS DE NADAL

Os establecementos participantes disporán dun lote de bolsas con estas características:

Material: Papel 100% reciclable e reutilizable. Asa retorcida.
Cor: Branco con lazo vermello.
Cantidade e tamaños: 
- 75 Bolsas Grandes: alto 40 - ancho 32 - fondo 12
- 75 Bolsas Pequenas: alto 32 - ancho 24 - fondo 10

ENTREGA DOS ELEMENTOS DA CAMPAÑA E LOTE DE BOLSAS

Entregarase en todos os establecementos a partir do día 2 de decembro, salvo que con anterioridade a esa data nos indicara o seu desexo de NON participar.

Tamén poderá recoller o material nas oficinas de FECIMO a partir do 2 de decembro. Se non recibe o material antes da data de inicio, agradeceríamos nolo comunique de inmediato.

Galería Fotográfica de premiados

IV Gala do Comercio do Morrazo

As empresas do Morrazo reparten premios aos seus clientes na tradicional Campaña 

LUIS ZAHERA será o conductor da IV Gala do Comercio do Morrazo 

Publícanse os gañadores dos 3 premios de 1.500€ en cheques-compra da Campaña de Nadal

Os gañadores de 1.500€ na Campaña de Nadal reciben o seu premio da man dos comerciantes do Morrazo

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo