Imprimir

Gymkhana Infantil 2014

 

 GYM BUEU GYM CANGAS   gym moaa
 

__________________________________________________________________________________________________________________

  

caza palabrasOS CAZA-PALABRAS _Farémolo a través dun xogo atractivo e moi divertido para os pequenos do fogar no cal terán que visitar os establecementos participantes e resolver unha serie de probas/adiviñas.

Os comercios serán visitados, coñecerase máis a oferta comercial por estas datas nas que os nenos están na casa e as familias visitan xuntas as nosas vilas.

Esta promoción comercial ten como finalidade:

 - Darlle visibilidade aos establecementos asociados - Provocando que as familias interactúen co noso tecido empresarial - E coñezan a diversidade de productos que poden atopar.

Esta campaña é GRATUÍTA e poderán participar todas as empresas de bens e servizos asociadas a FECIMO que dirixan a súa actividade de cara ao público.

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA: Ata o 1 de decembro ás 12:00.

Inicio da Gymkhana: 19 de decembro. En funcionamento ata o 31 de decembro.

Farémolo coincidir coas vacacións dos rapaces e entregarémoslle os mapas de exploradores nos centros de ensino da comarca para una maior repercusión.

MAPA GYMKHANA 2014FUNCIONAMENTO

- Serán repartidos mapas de cada localidade coas empresas para participan.
- Os establecementos Terán no seu interior unha proba a realizar polos cativos, que neste caso está relacionada coa lingua galega. Terán que "cazar" a palabra que está correctamente escrita en galego.

As probas facilitaranse dende FECIMO ás empresas que participen, visitando de forma individual a cada comercio para expoñerlle a proba.

- Os nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, deberán resolver un número "x" de probas (segundo as empresas que se inscriban), e ir conseguindo selos no seu mapa.
- Cubrirán o mapa con seus datos persoais e o depositarán en calquera empresa participante.
- Deste xeito, entran no sorteo do GRAN PREMIO DA GYMKHANA. A selección dos gañadores/as terá lugar mediante un sorteo único para cada vila, no marco dunha gran festa con actividades de animación.

OS SORTEOS FINAIS CELEBRARANSE:

- Venres, 2 de xaneiro ás 17:00 h. en Bueu.
- Sábado, 3 de xaneiro ás 17:00 h. en Cangas.
- Domingo, 4 de xaneiro ás 17:00 h. en Moaña.

Entre os mapas recollidos, sortearemos os seguintes premios nas 3 localidades:

1º PREMIO: Unha TABLET

2º PREMIO: Unha gran CESTA DE NADAL INFANTIL

  

Comeza a Campaña de Nadal das empresas asociadas do Morrazo 

Comeza a gymkhana infantil “OS CAZA-PALABRAS”, para nenos e nenas de 4 a 14 anos 

Gañadores dos sorteos da Gymkhana de Nadal de FECIMO

Fotografías dos gañadores

Fotografías dos sorteos

 
Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (Bases GYMKANA 2014 web.pdf)Bases Gymkhana 2014390
Descargar este adjunto (CIRCULAR NOVEMBRO - GYMKHANA.pdf)Circular Gymkhana 2014935

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo