• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

26

Xuñ

2015

25 empresas asociadas participan na 10ª Feira de Oportunidades do Morrazo

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

26/06/2015 As 25 empresas participantes na 10ª Feira de Oportunidades contan xa coa imaxe oficial do evento e folletos informativos cos expositores. Nesta décima edición que terá lugar a primeira fin de semana de xullo, premiarán con agasallos aos seus clientes.

A organización da Feira de Oportunidades do Morrazo marcha con bo pe cara a súa 10ª edición, que será celebrada como ven sendo habitual nos Xardíns do Señal (Alameda Nova) en Cangas.

A carpa habilitada abrirá as súas portas o venres día 3 de xullo, prolongándose durante toda esa fin de semana, no seguinte horario:

Apertura – Venres 3: de 18:00h a 23:00h da tarde Sábado 4 e Domingo 5: de 11:00h a 14:00h pola mañá e de 18:00h a 23:00h pola tarde.

Nesta décima edición participarán un total de 25 empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña. Coma sempre, esta é unha cita imprescindible para os comercios do Morrazo que desexan dar saída ao seu stock e unha ocasión especial para ir de “shopping” aos mellores prezos sen moverse do recinto.

Na décima Feira de Oportunidades do Morrazo estarán representados sectores moi variados, para o disfrute das compras en familia:

– Moda Home/Muller 
– Complementos e agasallos 
– Moda infantil 
– Deporte 
– Cociña/fogar 
– Mascotas

O cartel e os folletos informativos están xa na rúa para chamar a atención de locais e visitantes que desexen disfrutar dun fin de semana de compras no Morrazo. Atoparán, como reza o chamativo cartel, prezos moi reducidos, cun desconto mínimo dun 40% sobre o prezo marcado e de ahí en adiante. Será moi fácil facerse con verdadeiras oportunidades dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais.

Como sorpresa, e atendendo a que esta é a décima edición e a Feira de Oportunidades está de aniversario, os expositores repartirán máis de 500 agasallos entre os seus clientes. Os premios estarán agochados nuns “rasca e gaña” que se entregarán con cada compra.        

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo agarda unha gran afluencia de público a esta cita cos grandes descontos das empresas locais, dado o éxito dos anos anteriores.

Icon
FOLLETO 10 FEIRA de OPORTUNIDADES

Histórico