• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

cartel feira 2012 1

Un ano máis organizamos a Feira de Oportunidades do Morrazo, que tras seis anos celebrando este evento estase a converter en imprescindible para os comercios da comarca.

FECIMO ofrece apoio aos seus asociados coa celebración desta 7ª edición que permite reducir os seus stocks e trata de acadar os mellores resultados posibles.

A situación económica actual provocou un cambio nos hábitos de consumo dos clientes que máis que nunca demandan este tipo de iniciativas co fin de adquirir produtos a baixo custo.

A cita terá lugar, como os pasados anos, no contorno da Alameda Nova de Cangas, os días 6, 7 e 8 de Xullo, en horario de 11 a 14h e de 18 a 23h.

A feira está dirixida a todos aqueles comerciantes que queiran ofertar produtos de calidade a prezos moi rebaixados ou mesmo de ganga, co fin de desfacerse de excedentes de mercancía, conforme aos seguintes criterios:

PRODUTOS DE TEMPADAS ANTERIORES
STOCKS ALMACENADOS.
DESCONTOS SUPERIORES AO 40%.

Expositores participantes nesta edición

Nesta 7ª edición, a Feira de Oportunidades do Morrazo contou con 33 expositores contendo variedade de sectores e actividades presentes na mesma:

Data e Horarios

 A 7ª Feira de Oportunidades do Morrazo tivo lugar do 6 ao 8 de xullo, na Alameda Nova de Cangas, baixo grandes carpas duns 1.100 metros cadrados instaladas nas zonas de aparcamento. 

O horario foi:

  • Venres, 6 de xullo: 18:00 h – 23:00 h
  • Sábado 7 e Domingo 8 de xullo: 11:00 h – 14:00 h e 18:00 h – 23:00 h 

Comeza a xestarse a sétima edición da Feira de Oportunidades do Morrazo

14/06/2012 A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO comezou xa a organizar a Feira de Oportunidades do Morrazo, en Cangas, que este ano acada a súa sétima edición.

Unha vez reunida a comisión organizadora e recollidas todas as preinscrición, obsérvase un aumento no número de empresas interesadas en expoñer o seu stock á venda neste evento, xa tradicional da época estival no Morrazo. 
      
Un total de 33 establecementos asociados de Bueu, Cangas e Moaña participarán na Feira de Oportunidades, con actividades moi variadas: moda, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, ópticas, etc., dentro do sector comercio.
      
Celebrarase os días 6, 7 e 8 de xullo, coincidindo co comezo das rebaixas, polo que aspira a manter unha gran asistencia de público como en anos anteriores.

A carpa habilitada para o evento estará ubicada nas inmediacións da Alameda Nova de Cangas – Xardíns do Señal. 
      
Tras seis anos de celebración, a Feira de Oportunidades do Morrazo consolídase coma un espazo de ocio de referencia para o público local e foráneo, no que os comerciantes asociados ofertan produtos con grandes descontos do 40% en adiante de cara a baleirar dos seus almacéns os produtos de tempadas anteriores e ofrecendo verdadeiras “gangas” aos visitantes.
      
A Feira converterse, á vez, nun escaparate no que darse a coñecer aos potenciais clientes, facendo fincapé no consumo local en época de rebaixas en lugar dos desprazamentos a grandes superficies.

Mañá venres, apertura da sétima Feira de Oportunidades do Morrazo

05/07/12  Mañá venres día 6 de xullo ás 18:00h procederase á apertura da Feira de Oportunidades do Morrazo, na súa sétima edición, máis agardada que nunca debido ao difícil momento económico que se está a vivir.  

Este ano prevé, de feito, aumentar o número de visitantes, ao tratarse dun evento destas características onde os establecementos presentarán os seus produtos en stock cun desconto dun 40% como mínimo.
A carpa instalada para esta feira na Alameda Nova de Cangas (entorno dos Xardíns do Sinal) conta cunha extensión de 1.100 m2 e dará cabida a un total de 33 expositores de diferentes sectores. A 7ª Feira de Oportunidades permanecerá aberta dende o Venres 6 ata o Domingo 8 de xullo no seguinte horario:
  • VENRES: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.
  • SÁBADO E DOMINGO: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

Organiza a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo coa colaboración do Concello de Cangas e Novagalicia Banco.

A Feira de Oportunidades tamén é moi importante para o comercio asociado do Morrazo, dado que agardan dar saída aos produtos almacenados e transformalos en efectivo, que axude a seguir adiante coa súa empresa. Lembramos que se poderán facer compras con tarxeta, como se mercasen no seu establecemento habitual, dado que os expositores contarán con TPV inalámbrico.

Coincidindo co comezo das Rebaixas, a feira supón unha alternativa ás grandes superficies, así como un punto de presentación dos establecementos da nosa comarca a todos os visitantes.

Será unha feira moi divertida, coma o cartel que as rapazas de NyxStyle (www.nyxstyle.com) realizaron para esta edición, e a carpa contará cunha decoración especial moi colorida no seu interior, tamén idea destas rapazas.

O evento estase a promover a través das Redes Sociais en facebook e twitter, onde está a ter moi boa acollida, chegando a público máis diverso e de diferentes puntos da xeografía. 

Quen desexe saber máis da Feira de Oportunidades pode acceder á reportaxe que FECIMO ten na súa canle de videos de youtube:

GALERÍA FOTOGRÁFICA

[cq_vc_dagallery images=”1415,1424,1425,1426,1427,1428,1429,1430,1431,1432,1433,1416,1434,1435,1436,1437,1438,1439,1440,1441,1442,1417,1418,1419,1420,1421,1422,1423,1443,1398″ gallerywidth=”100%” color=”#ffffff” background=”#6c932d” retina=”on”]