• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

Por qué participar?

A celebración desta feira permite ás empresas dar saída aos produtos almacenados e transformalos en efectivo. Redúcense deste xeito as necesidades de financiación, o que permite a adquisición de produtos de nova tempada.

A situación económica actual provocou un cambio nos hábitos de consumo dos clientes que máis que nunca demandan este tipo de iniciativas co fin de adquirir produtos de nova tempada. 

A súa empresa atoparase exposta á mirada de multitude de persoas e posibles clientes que visitarán a carpa durante os tres días de celebración da feira. Poderán coñecer de primeira man a súa empresa e os seus produtos, valorándoa para futuras compras. Polo tanto a publicidade que acadará tamén é unha razón moi importante. 

Expositores Participantes

Datas e Horarios

 A 8ª Feira de Oportunidades do Morrazo tivo lugar do 5 ao 7 de xullo, na Alameda Nova de Cangas, baixo grandes carpas duns 1.100 metros cadrados instaladas nas zonas de aparcamento. 

O horario foi: 

  • Venres, 5de xullo: 18:00 h – 23:00 h
  • Sábado 6 e Domingo 7 de xullo: 11:00 h – 14:00 h e 18:00 h – 23:00 h 

As empresas asociadas do Morrazo preparan a oitava edición da Feira de Oportunidades

14/06/2013 A Feira de Oportunidades do Morrazo é un evento organizado pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, que este ano cumpre a súa oitava edición despois de sete anos de éxito, consolidándose como unha cita imprescindible para os establecementos da comarca.

Celebrarase como é tradición o primeiro fin de semana de xullo, abarcando o venres día 5, o sábado 6 e o domingo 7, aspirando a manter a gran asistencia de público de anos anteriores. A carpa habilitada para o evento estará ubicada nas inmediacións da Alameda Nova de Cangas – Xardíns do Señal. 

O horario será o seguinte:
         
Venres 5: de 18:00h a 23:00h
Sabado 6 e Domingo 7: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.
         
Un total de 33 establecementos asociados de Bueu, Cangas e Moaña participarán na Feira de Oportunidades, con actividades moi variadas: moda, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, óptica, etc.  

A Feira de Oportunidades permite ás empresas dar saída aos produtos almacenados e transformalos en efectivo. Redúcense deste xeito as necesidades de financiación, o que permite a adquisición de produtos de nova tempada. 
         
Para as empresas do Morrazo supón unha ocasión para darse a coñecer, dado que se atopan expostas á mirada de multitude de visitantes durante os tres días de feira, nun evento moi especial. Poderán amosar persoalmente o produto ós clientes e os valorarán para futuras compras no seu establecemento. Polo tanto a publicidade que acadará é unha razón moi importante para participar. 

A Feira de Oportunidades do Morrazo é un espazo de ocio de referencia para o público local e foráneo, no que atopan produtos con grandes descontos do 40% en adiante (segundo marcan as normas da organización) mercando verdadeiras “gangas” que son de agradecer dada a difícil situación económica actual. 

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo invítaos a visitar esta oitava edición da Feira de Oportunidades, onde nun mesmo lugar atoparán grandes descontos das súas tendas habituais, confiando no consumo local e sen necesidade de grandes desprazamentos. 

Venres día 5 apertura da 8ª Feira de Oportunidades do Morrazo

03/07/2013  A carpa xa está instalada nas inmediacións dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas, e conta cunha extensión de máis de 1.000 m2. O recinto dará cabida a 33 expositores, onde todos son tendas de Bueu, Cangas e Moaña, que exporán os seus produtos á venda con prezos reducidos como mínimo a un 40%. A partir de ahí, os clientes poderán atopar diferentes descontos, ata acadar prendas de calidade a prezo de “ganga”. Haberá que moverse!
      
Os visitantes interesados, terán tres días para facer as súas compras. A 8ª Feira de Oportunidades permanecerá aberta dende o Venres 5 ata o Domingo 7 de xullo no seguinte horario:
      
* VENRES 5: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.

* SÁBADO 6 E DOMINGO 7: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

Agárdase que o evento sexa todo un éxito ao igual que en anos anteriores, pero este ano especialmente dada a difícil situación económica que estamos a vivir.

Coincidindo co período de Rebaixas, a feira supón unha alternativa ás grandes superficies, así como un punto de presentación dos establecementos da nosa comarca a todos os visitantes.

Lembramos que se poderán facer compras con tarxeta, como se mercasen no seu establecemento habitual, dado que os expositores contarán con datáfono inalámbrico. 

Información en prensa

FARO DE VIGO:                  DIARIO DE PONTEVEDRA:

15 de Xuño 5 de Xullo
04 de Xullo  

Galería Fotográfica

[cq_vc_dagallery images=”1480,1481,1482,1483,1484,1485,1486,1487,1488,1489,1490″ gallerywidth=”100%” color=”#ffffff” background=”#268700″]