• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

Por noveno ano consecutivo, celebrouse a primeira fin de semana de xullo (tradicionalmente a data de inicio das rebaixas de verán) a FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO. Esta feira que se celebrou por primeira vez no ano 2006, foi consolidándose ao longo das oito edicións anteriores, converténdose nun dos eventos de referencia da comarca en canto ao público asistente, volumen de vendas e rentabilidade publicitaria para os comercios participantes. Trátase dunha iniciativa máis que contribúe a impulsar o sector comercial morracense dándolle saída a produtos almacenados a prezos vantaxosos.

Empresas participantes

Galería Fotográfica

Empresas asociadas do Morrazo preparan a 9ª Feira de Oportunidades para o primeiro fin de semana de xullo

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO – traballa xa na organización da Feira de Oportunidades do Morrazo, un evento de gran sona na comarca que celebra a súa novena edición, despois de anos de éxito.

Celebrarase como é tradición o primeiro fin de semana de xullo, abarcando o venres día 4, o sábado 5 e o domingo 6, aspirando a manter a asistencia de público de anos anteriores. A carpa habilitada para o evento estará ubicada nas inmediacións da Alameda Nova de Cangas – Xardíns do Señal -.

O HORARIO SERÁ:
Venres 4: de 18:00h a 23:00h

Sábado 5 e Domingo 6: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

Nesta novena edición participarán un total de 24 empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña. Coma sempre, esta é unha cita imprescindible para os comercios do Morrazo que desexan dar saída ao seu stock.

Na Feira de Oportunidades do Morrazo o cliente contará coma sempre con productos moi rebaixados de diferentes actividades: moda home/muller, moda infantil, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, óptica, etc.

 

Os descontos ofertados polos expositores serán dun 40% en adiante(segundo marcan as normas da organización) así que será moi fácil atopar verdadeiras “gangas”, productos de calidade a baixo prezo que son o éxito deste evento de referencia para os visitantes locais e turistas.

Un ano máis as empresas do Morrazo poderán transformar a súa mercancía acumulada en efectivo que axude aos negocios para as vindeiras tempadas.

Dado a gran afluencia de público, supón unha boa ocasión para darse a coñecer. A promoción da tenda é unha razón moi importante pola que moitos establecementos participan, pois dan a coñecer as súas marcas aos clientes e os valoran para futuras compras.

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo invítaos a visitar a novena edición da Feira de Oportunidades, unha cita cos grandes descontos das empresas locais, cun amplo horario durante o primero fin de semana de xullo. Un espazo comercial onde só atoparán prezos de saldo.

Comeza o traballo de montaxe da 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo

 01/07/2014 Esta mañá deron comezo os traballos de montaxe para que esté todo listo o venres na apertura da 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo.

Levantarase unha gran carpa nas inmediacións dos Xardíns do Sinal en Cangas (Alameda Nova) en forma de “T” cunha extensión de preto de 1.000 m2.

Esta carpa dará cabida aos stands de 25 expositores de Bueu, Cangas e Moaña do sector comercio, de moi diversas actividades: moda home/muller, moda infantil, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, óptica, etc.

Tras a montaxe da carpa os expositores entrarán a decorar o seu stand e todo estará listo para que o venres día 5 de xullo ás 18:00h se abran as portas desta feira cunha ampla gama de productos rebaixados do 40% en adiante.

Os visitantes terán que darse présa para ser os primeiros en atopar as “gangas” neste evento, mercancía de calidade a prezos incribles.

A Feira de Oportunidades do Morrazo, organizada por FECIMO e coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas, celebra a súa novena edición tras anos de éxito. Esta fin de semana aspira a manter a súa gran afluencia de público, mostrándose coma unha alternativa de ocio para o venres, sábado ou domingo, nun amplo horario e cunha predición atmosférica agradable.

Hoxe Venres gran apertura da 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo

04/07/2014 Hoxe venres día 4 de xullo ás 18:00h procederase á apertura da Feira de Oportunidades do Morrazo, que este ano celebra a súa novena edición. Participan un total de 25 expositores de Bueu, Cangas e Moaña. 

A carpa xa está instalada nas inmediacións dos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas, e conta cunha extensión de preto de 1000 m2. A esta hora remátase cos últimos detalles do interior para que os 25 stands participantes organicen os seus produtos. 

Lembramos que os clientes atoaprán nesta feira a mercancía en stock que os comercios participantes de Bueu, Cangas e Moaña exporán a prezos dun 40% en adiante.

Os visitantes interesados, terán tres días para facer as súas compras. A 9ª Feira de Oportunidades permanecerá aberta dende o Venres 4 ata o Domingo 6 de xullo no seguinte horario: 

•    VENRES 4: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h. 

•    SÁBADO 5 E DOMINGO 6: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

 

Coincidindo co período de Rebaixas, a feira supón unha alternativa ás grandes superficies, así como un punto de presentación dos establecementos da nosa comarca a todos os visitantes. 

Os clientes poderán facer compras con tarxeta, como se mercasen no seu establecemento habitual, dado que os expositores contarán con TPV inalámbrico. 

FECIMO quere compartir convosco dous videos promocionais que foron realizados en anteriores edicións da Feira de Oportunidades, que captan á perfección o ambiente que se vive nos tres días que dura este evento:

Organiza a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas.

Éxito de público na 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo. Satisfacción do público e dos expositores participantes

08/07/2014 Celebrouse en Cangas a 9ª Feira de Oportunidades do Morrazo, cun éxito de público nos tres días que durou o evento. Se ben non pode precisarse o número de persoas que visitaron as instalacións, sen dúbida vivíronse momentos de “cheo” e os preto de 1000 metros cadrados de carpa quedáronse pequenos dada a gran afluencia.

O tempo atmosférico que se mantivo anubrado durante a fin de semana, incluso con algún chuvasco na noite do sábado, axudou a que moito público se acercase ao recinto para disfrutar das compras no seu tempo de ocio, co aliciente de atopar verdadeiras gangas con prezos cun 40% de desconto en adiante.

Un total de 25 comercios do Morrazo de diferentes sectores baleiraron o seu stock a prezos moi interesantes para os visitantes podendo atopar, por poñer un exemplo, calzado de marca deportiva por tan só 15 euros.

Non só o público se amosou contento coas súas compras senón que os expositores tamén fixeron un bo balance da súa participación na Feira. Considérana de gran axuda para transformar o stock acumulado de anos anteriores en efectivo para continuar adquirindo mercancía da seguinte tempada.

FECIMO, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, comeza agora a traballar no seu seguinte evento, “Amodiña”, a Pasarela de Moda do Morrazo que se celebra cada ano en setembro na localidade de Moaña, no marco dun gran espectáculo.