A Feira de Oportunidades do Morrazo acollerá a 24 empresas de Bueu, Cangas e Moaña que ofrecerán descontos a partir dun 40%
• Foi presentada a imaxe oficial do evento que xa se pode ver en carteis a gran escala e folletos informativos nas empresas participantes
• Unha nova edición con moitos agasallos sorpresa para os visitantes
O Morrazo, 21 de xuño de 2016
A organización da Feira de Oportunidades do Morrazo continúa con forza a organización da súa 11ª edición, que se celebrará como ven sendo habitual nos Xardíns do Señal (Alameda Nova) en Cangas os días 1, 2 e 3 de Xullo.
Onte, luns día 20 de xuño, os 24 expositores e expositoras que participarán neste evento reuníronse en FECIMO para ultimar os detalles dunha feira de calidade que agarda milleiros de visitantes.
A carpa habilitada abrirá as súas portas o venres día 1 de xullo, e continuará aberta na fin de semana co seguinte horario:
Apertura – Venres 1: de 18:00h a 23:00h da tarde
Sábado 2 e Domingo 3: de 11:00h a 14:00h pola mañá e de 18:00h a 23:00h pola tarde.
Os carteis da 11ª Feira de Oportunidades do Morrazo xa lucen na rúa a gran formato e tamén nas portas e escaparates das empresas participantes. Ao mesmo tempo, comezou o reparto dos folletos informativos coa relación das 24 empresas participantes, así como a súa promoción en Redes Sociais, todo isto de cara a darlle facilidades aos visitantes, que xa poden ir valorando as tendas que desexan visitar e facer a súa particular lista da compra.
Os expositores veñen de sectores moi variados e valeirarán o seu stock con descontos dende un 40% en adiante, segundo marcan as normas da organización. Será moi fácil facerse con verdadeiras gangas dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais.
Nomeamos a continuación os 24 participantes:
Moda Home/Muller e Complementos
• Atrezzo
• Box Woman
• Carmen Davila
• Glamour
• Imagen Complementos
• Merca Precio
• Mercaroupa
• Mimá Zapatos
• Óptica Studio
• Oxford Boutique
• Rincón de Po
• Triskel
• Zap Zapatería
Moda infantil
• 7 Colores
• Maxibebé
• Trasnos, Calzado Infantil
Deportes
• Deportes Dynamis
• Deportes Oliver
• Plusmarca
• Senda y Mar
Equipamento do Fogar e Decoración
• El Siete Cocina
• Entorno-4, Interiorismo
Informática
• Informática y Tecnología Logos
Mascotas
• Bechos
Tal como se fixo o ano pasado no 10º aniversario, a organización da Feira acordou continuar co reparto de agasallos para os que realicen as súas compras no recinto. Os expositores repartirán máis de 500 agasallos entre os seus clientes. Os premios estarán agochados nuns “rasca e gaña” que se entregarán con cada compra. Anímase aos clientes a facer as súas compras nos primeiros días de feira dado que as existencias son limitadas.
Cómpre lembrar que a 11ª Feira de Oportunidades do Morazo está organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo en colaboración coa Xunta de Galicia, Concello de Cangas e ABANCA.