• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) é unha organización libre e políticamente independente, sen ánimo de lucro, cuia finalidade é a de representar, xestionar e defender os intereses das asociacións que a conforman, atendendo ás súas necesidades de información, formación e asesoramento dentro do ámbito territorial da comarca do Morrazo.

Constitúen os fins e funcións da Federación:

  1.  Atender as necesidades de información, formación, asesoramento, investigación e perfeccionamento das asociacións que a integran, estudando e divulgando cantos temas poidan afectar a este colectivo social e ás persoas xurídicas que a integran.
  2. Fomentar, axudar a desenrolar e apoiar proxectos empresariais concretos das asociacións que a compoñen.
  3. Captar, fomentar, promover e desenrolar vocacións empresariais.
  4. Representar, xestionar e defender os intereses das súas asociacións.
  5. Servir de órgano de unión e coordinación entre os seus membros, fomentando o espírito de solidariedade entre os mesmos.
  6. Actuar en apoio e defensa dos empresarios da comarca.
  7. Fomentar e apoiar o sistema da libre iniciativa e da economía de mercado.
  8. Cooperar coas diferentes organizacións sociais co fin de acadar un crecemento estable e un adecuado nivel de calidade de vida dentro do entorno de paz social necesaria.

O proxecto de unificación das 3 asociacións locais (ACIBU, ACICA E ACIMO) en 1992 e AEPICAS, en 2007, responde a unha situación lóxica, posto que os 3 Concellos viven unha mesma realidade; esta fusión sirve, neste contexto, para acadar máis recursos,fomentar a formación e impulsar campañas de promoción unitarias, todo elo sen esquecer a defensa fronte as grandes áreas comerciais.

Neste senso, trátase de potenciar o comercio tradicional e a pequena empresa da comarca,potenciando as súas peculiaridades e características distintivas. Debemos recuperar a ilusión, cambiando a dinámica de derrotismo pola adaptación ás novas situacións e tendencias de mercado, desterrado o estado de opinión dun futuro incerto.

Dende FECIMO, fieis ós principios históricos do asociacionismo e defensa dos intereses do sector, pártese dunha vocación integradora, plural e democrática, co principio e obxectivo último de acadar a unificación total do colectivo que representa, constituíndose no interlocutor e defensor dos intereses comúnsdo sector fronte institucións, organismos e entidades.

Traballarase para lograr o total recoñecemento do sector en todos aqueles foros onde se traten temas que nos afecten, consensuando as inquedanzas dos seus asociados, baixo os principios democráticos de participación.

¿Qué son as Cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo, xestionar o acceso de usuarios a zonas restrinxidas da web, etc.