• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

A hostalaría do Morrazo celebra San Valentín con menús especiais e agasallos

Menús para todos os petos

Sen dúbida os menús que están a ofrecer os asociados de FECIMO teñen como protagonista ao marisco, aínda que tamén existen outras opcións con prezos para todos os gustos e para que todas as parellas, xóvenes e adultas, disfruten deste día.

As ofertas abarcan do venres día 12 ao domingo día 14, o propio Día dos Namorados, así que os comensais poden escoller o restaurante que mellor vaia en data e horario coas súas expectativas. Hai plans de noite con música en directo e baile, así coma outras de mediodía coas que deleitarse do mar e as vistas da nosa ría. Os plans son moi variados.

Moitos deles decidiron facer un agasallo á parella que vaia celebrar San Valentín con eles: un sorbete de cava, un tratamento termal, un detalle sorpresa…

Os menús preséntanse na páxina web www.compranomorrazo.com  na sección das ofertas e tamén nas páxinas de facebook de FECIMO e Vive O Morrazo, onde compartiremos durante esta semana os menús e as fotografías de comedores e vistas destes establecementos.

 

Formato das ofertas

CLICK AQUÍ - VER TODAS AS OFERTAS