CONVENIO NG ASESORES
CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE ASESORAMENTO ENERXÉTICO, TELECOMUNICACIÓNS e XESTIÓN DE SEGUROS E RISCOS PARA EMPRESAS E AUTÓNOMOS ASOCIADOS A FECIMO.
A empresa NG ASESORES 0frece de xeito GRATUITO os seguintes servizos aos asociados a FECIMO valorados entre os 240 € (Pymes con menos de 30.000 kWh ano) ata os 1.200 € (Pymes con mais de 30.000 kWh ano ou Alta tensión) en ASESORAMENTO ENERXÉTICO:
- Revisar as súas facturas de luz unha vez ao ano, para asegurar que se lles está a facturar de acordo ao seu contrato coa súa compañía.
- Revisión unha vez ao ano da lectura de contadores.
- Estudio de eficiencia enerxética (batería de condensadores, placas de eficiencia enerxética, placas fotovoltaicas, puntos de recarga para vehículos eléctricos, equipos de telemedida) a petición do cliente e con proxecto chave en mano.
- Reclamacions de facturas.
- Cambios de titularidade ou domicialición bancaria nos diferentes suministros.
- Garantía de que cada ano NG ASESORES levará a mellor oferta de renovación do servicio ou a mellor oferta dispoñible no mercado para os suministros dos seus clientes, asegurando deste xeito o mellor prezo do mercado.
- Altas e Baixas dos suministros.
Igualmente NG ASESORES 0frece de xeito GRATUITO os seguintes servizos aos asociados a FECIMO valorados entre os 120 € (clientes de 0 a 5 servizos) ata os 500€ anuais (clientes con mais de 5 servizos) en TELECOMUNICACIÓNS:
- Revisan de maneira gratuíta as facturas dos asociados en materia de telecomunicacións unha vez ao ano, para comprobar que se lle está facturando de acordo ao pactado coas distintas compañías.
- Reclamacións de facturas.
- Cambios de titularidade ou domiciliación bancaria.
- Garanten que cada ano levarán a oferta de renovación do servizo ou ben a mellor oferta dispoñible no mercado para os servizos dos clientes. Asegurando sempre o mellor prezo do mercado.
- Altas e baixas de calquera servizo relacionado coas telecomunicacións, sempre baixo petición expresa dos clientes.
Igualmente NG ASESORES 0frece de xeito GRATUITO os seguintes servizos aos asociados a FECIMO valorados entre os 150 € (clientes de 0 a 5 servizos) ata os 300€ anuais (clientes con mais de 5 servizos) en XESTIÓN DE SEGUROS E RISCOS:
- Revisar de maneira gratuíta as pólizas de seguros dos asociados así como as súas coberturas unha vez ao ano.
- Reclamacións e intermediación entre as compañías aseguradoras e o asegurado.
- Cambios de titularidade ou domiciliación bancaria.
- Garanten que cada ano levarán a oferta de renovación da súa actual compañía ou ben a mellor oferta dispoñible no mercado para os servizos dos asociados. Asegurando sempre o mellor prezo do mercado.
- Altas e baixas de pólizas.