• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

 

Asociarse a FECIMO ten moitas vantaxes.Se o desexas, un técnic@ da Federación visitarate para dar información en detalle de todo o que conleva ser asociad@ a Fecimo. Para comezar dámosche dez razóns:

Convenios

Os asociados a Fecimo contan coa posibilidade de desfrutar de importantes descontos en servizos tales como a telefonía, os combustibles, ou os seguros de saúde entre outros. Mención especial recibe o convenio financieiro con NOVACAIXAGALICIA, que ofrece interesantes condicións de financiación aos nosos asociados. Estes convenios son froito das negociacións da Federación coas entidades participantes.

Máis información

Formación

Ao longo do ano, a Federación, en colaboración con centros de ensinanza da Comarca, realiza cursos de formación e especialización para os seus asociados, co fin de que ano tras ano os interesados poidan adquirir novas habilidades e coñecementos. Esta labor de formación é un compromiso da Federación cos nosos asociados para garantir que o servizo que ofrezan aos seus clientes sexan da maior calidade posibles.

Máis información

Feiras

Cada ano, a Federación, dentro da súa labor de promoción do comercio da comarca, realiza feiras nos 3 concellos que acollen aos nosos asociados. Estas feiras están destinadas a dar a coñecer e achegar o comercio e, en xeral, a pequena e mediana empresa, ás xentes do Morrazo, a liquidar stocks de mercadorías xerados en anos anteriores e a promover a conciencia ecolóxica e o respeto polos valores naturais do Morrazo. As empresas asociadas terán acceso exclusivo ou tarifas especiais.

Máis información

Lexislación

Estar asociado a Fecimo é unha vantaxe se che interesa solicitar unha subvención. Dende a Federación ofrecese asesoramento sobre os trámites pertinentes.

Máis información

Subvencións

Como asociado/a a Fecimo poderás consultar toda a lexislación dispoñible no concerniente á túa actividade comercial ou empresarial e consultar cos técnicos da Federación os aspectos legais que queiras coñecer.

Máis información

Información

A federación mantén informados a tódolos asociados das novidades que poidan ser de relevancia para as súas empresas. A información envíase ben por correo electrónico ou por correo ordinario. No caso de novas que afecten a lexislación ou temas de especial interese organizanse xornadas informativas na sede da Federación.

Máis información

Ofertas

Ademais dos convenios con grandes empresas, os asociados a Fecimo poden desfrutar de importantes descontos de empresas asociadas para os demáis asociados. Esta forma de promoción beneficia a tódolos asociados de Fecimo e supón unha vantaxe competitiva para moitas das nosas empresas.

Máis información

Actividades

Ademais da realización das feiras, os asociados a Fecimo desfrutan tódolos anos de infinidade de actividades e eventos organizados para promover o consumo na Comarca. Así, realizanse campañas como a campaña de Nadal, o día da Nai ou a Vola ao Cole. Este tipo de propostas teñen gran aceptación entre o público en xeral polo volume de regalos que se entregan e pola cuantia dos mesmos.

Máis información

Representación

Os asociados a Fecimo desfrutan tamén da capacidade de negociación colectiva e representación ante as administracións da que dispón a Federación. Fecimo está presente en organismos como a Cámara de Comercio de Pontevedra, a Confederación de Empresarios ou o Foro Galego de Comercio e a súa opinión e posicionamento é respetado e tido en conta polas administracións locais e autonómicas.

Máis información

Compromiso

A participación na Federación ten un valor engadido para os seus asociados, Fecimo promove o respeto pola conservación do Morrazo e polo benestar da súa xente. Son moitas as actuacións que se levan a cabo neste eido, como por exemplo a realización de roteiros para poñer en valor os nosos recursos naturais, ou a edición de libros que recollan e divulguen a cultura das nosas vilas. A marca de Fecimo é un ben valorado que crece ano tras ano.