• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Out

2020

Iniciativa “Cangas en Local”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Fecimo colaborou estreitamente nunha iniciativa promovida polo Concello de Cangas do Morrazo chamada “CANGAS EN LOCAL”, cuxo obxectivo era colaborar no alivio da carga económica das empresas da vila e fomentar a pronta recuperación da súa economía local a través da reactivación da actividade empresarial. 

 

O Concello colaborou directamente na BONIFICACIÓN DUN 40% en cada COMPRA e CONSUMICIÓN que se fixera nos comercios locais e establecementos hostaleiros participantes. Desta forma, a contía destinada polo Concello de Cangas para cubrir a parte bonificada desta campaña era un total de 100.000€, asegurando ao principio un gasto de 250.000€ por parte dos clientes que ao final convertíronse en preto dos 300.000€ que recaeron directamente naqueles locais participantes. 

 

A campaña comezou o luns 5 de outubro e durou tan só unha semana, en canto se esgotou o orzamento total do Concello, o sábado 10. Foi todo un éxito, xa que as vendas superaron as previsións, nas que se contaba que a campaña seguiría ata os primeiros días de decembro.

 

Cada cliente que se rexistraba co seu DNI na web https://www.cangasenlocal.gal/, recibía unha tarxeta-moedeiro virtual persoal e intransferible no que podía comprobar todas as súas operacións e o seu saldo dispoñible. Podían ter ata un máximo de 80€ de saldo bonificado, puidendo gastar 200€ para poder aproveitar a bonificación total. As condicións dos consumidores eran que tiñan que ser maiores de idade, pero con independencia da procedencia (non sendo obrigatorio estar empadroado en Cangas) e contar co seu único DNI para identificarse no momento da obtención do desconto

 

En cambio, no caso dos establecementos, o Concello estableceu un máximo de 1.800€ bonificados para cada local, sen asegurar este importe total cando terminase a campaña, xa que se dependía do avance do gasto do orzamento total do Concello (os 100.000€). Foron 101 os establecementos hostaleiros e comerciais, socios e non socios de Fecimo, que participaron na campaña, procedentes de diversos sectores ofrecendo unha gran variedade de produtos e servizos aos clientes interesados. 

 

 

Os negocios locais para poder participar tiñan que cumprir unha serie de requisitos, establecidos nas bases da iniciativa, segundo o Concello da vila. Requeríase o seguinte: ser persoas autónomas, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas, con razón social no Concello de Cangas do Morrazo, que se atopasen nalgún dos supostos indicados a continuación e pertencentes a unha serie de IAEs citados nas bases da web:

– Que se visen afectados polo peche derivado da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.

 

Unha vez que se rexistraban, dende Fecimo se revisaban e validaban, de forma que, unha vez confirmados, eran publicados na mesma web mediante unha listaxe sectorizada con tódolos participantes para facilitar aos usuarios a súa consulta. O período que tiveron para adherirse foi do 15 de setembro ata o 30 de setembro, mediante o rexistro facilitado na web, pero con posibilidade posterior de anotarse dirixíndose directamente á Federación para estudiar a viabilidade da incorporación da empresa á campaña (non aceptando máis solicitudes de adhesión pasado o 15 de outubro). 

 

 

Fecimo colaborou, entre outras responsabilidades e procesos previos á iniciativa, na creación e xestión da páxina web Cangasenlocal.gal así como na continua atención telefónica e presencial de calquera cliente e local interesado en participar mediante durase a campaña. O deseño da imaxe da campaña e da súa correspondente cartelería tamén foi competencia de Fecimo, así como a comunicación externa da iniciativa nas nosas redes sociais e prensa e na comunicación interna aos nosos asociados.

 

Dinamizar a economía do comercio e hostalería local a través deste tipo de proxectos e iniciativas é un dos máis importantes obxectivos e metas que a Federación quere buscar e defender para pór en valor as nosas vilas no seu conxunto. 

 

Histórico