• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Mai

2018

ABANCA E FECIMO IMPULSAN O COMERCIO DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

 

  • A entidade financeira e a asociación asinan un convenio de colaboración para mellorar a competitividade dos pequenos establecementos e impulsar as vendas na comarca.

 

  • O banco prestará apoio aos comerciantes en actos como a ‘Campaña Das Letras Galegas’, a ‘Pasarela de Moda do Morrazo’ ou a ‘Campaña de Nadal 2018’, entre outros.

 

ABANCA e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) asinan un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a profesionais da comarca galega.

Os representantes de Fecimo, Nélida Carracelas Nieto, Ana María Ave Estévez, María Dolores Carabelos Mouco, Pablo Pazos Santaclara e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia de Pontevedra.

O convenio facilita que os asociados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios,  leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento tamén pon a disposición dos asociados liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos. Os empresarios poderán dirixirse ás oficinas de  ABANCA para solicitar información e financiamento, a través desta liña aberta polo banco e a Deputación de Pontevedra.

Do mesmo xeito, os profesionais pertencentes a esta asociación poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con  ICO e IGAPE, así como coa sociedade galega de garantía  recíproca Sogarpo. Ademais, para facilitar a competitividade, os asociados poderán acceder ao servizo de financiamento instantáneo no punto de venda de  ABANCA, o chamado servizo APLAZOS. Desta forma, o banco axuda aos asociados a aumentar as súas vendas ao permitir o financiamento aos clientes no establecemento, de maneira rápida e sinxela e sen asumir ningún risco.

O acordo tamén inclúe condicións melloradas na contratación de  TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade. Así mesmo, os empresarios adheridos poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de  ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos afiliados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado.

Ademais do acordo financeiro, as dúas entidades tamén traballaran xuntas na organización de diversos actos. Así, ABANCA participará na promoción de actos de gran relevancia como a ‘Campaña Das Letras Galegas’, a ‘Pasarela de Moda do Morrazo’ ou a ‘Campaña de Nadal 2018’, entre outros.

Fecimo fundouse en 1992 co obxectivo de agrupar os intereses das empresas e os profesionais da comarca do Morrazo, que exercen a súa actividade en sectores estratéxicos como o comercio, a hostalería ou a industria, entre outros. ABANCA, pola súa banda, conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Firma do convenio entre Fecimo e Abanca – 2018

Histórico