30
Abr
2018
ABRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NA CAMPAÑA “MERCA EN GALEGO”
“Merca en Galego” é a campaña de promoción e fidelización do comercio local que FECIMO pon en marcha no contexto da celebración do día das letras galegas do 2018.
Con esta campaña, dende a Federación queremos por en valor a especial vinculación entre as vendas no pequeno comercio e o valor do idioma da nosa comunidade, con tal motivo, fixeronse dous deseños, un coa imaxe dos antigos billetes de 500 pesetas de Rosalía de Castro e por outra banda o deseño de “corners” e adhesivos para escaparates.
EN QUÉ CONSISTE A CAMPAÑA ?
Esta campaña de promoción e fidelización combinará a decoración dos escarapates do comercio co sorteo de 500€ en premios entre os clientes dos establecementos particpantes polas compras realizadas: 10 premios de 50 € en CHEQUES COMPRA
O funcionamento é moi sinxelo, por cada 10€ de compra ou servizo obterán un boleto de participación durante a vixencia da campaña, do 14 ao 27 de maio de 2018, e con este, entrarán no sorteo final de premios a celebrar o día 1 de Xuño.