• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

26

Xan

2026

CAMPAÑA FEBREIRO “O AMOR ESTÁ NO TEU BARRIO”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

O luns 2 de febreiro FECIMO da comezo a unha nova campaña na que premiará os consumos realizados ata o día 15 deste mes de febreiro nas empresas de Bueu, Cangas e Moaña adheridas, coincidindo coa celebración dos namorados.

Coa finalidade de agradecer a confianza das persoas consumidoras no comercio local e fortalecer esta relación cliente-empresa de proximidade, crease esta campaña na que se dará a oportunidade de conseguir un dos 3 BONOS DOBLES PARA DISFRUTAR O CLUB TERMAL NO SPA BIENESTAR MOAÑA que se sortearán entre todos os tickets de compra rexistrados, ao rematar a campaña.

FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA

A campaña, que abarcará as datas do 2 ao 15 de febreiro, levarase a cabo a través da páxina www.comerciodomorrazo.com, onde as persoas consumidoras do comercio local adherido, poderán rexistrar os seus tickets de compra ou consumos para que, con sorte, consigan un dos premios.

Instruccións para o cliente:

-Realizar unha compra ou servizo entre o día 2 e o 15 de febreiro, nunha das empresas asociadas de Bueu, Cangas ou Moaña, dun importe mínimo de 10€.

-Entrar na páxina www.comerciodomorrazo.com e pinchar no banner da campaña para realizar o rexistro do ticket.

-Gardar o ticket rexistrado, xa que, de resultar premiado, solicitarase unha fotografía do mesmo para a súa validación.

-De resultar premiado o seu ticket rexistrado, recibirá unha notificación por parte de FECIMO, e a empresa onde realizou a compra fará a entrega do premio.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais de ACIBU, ACICA e ACIMO. Conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo e Comercio Galego. Colabora Abanca.

 

Histórico