• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

15

Xan

2021

Fecimo presenta a APP móbil “Comercio do Morrazo”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

 
 
Fecimo presenta a nova APP do “Comercio do Morrazo”, xa dispoñible tanto para dispositivos Android coma iOS. 
 
 
Son moitas as ferramentas e medios que, dende a Federación, desenvolvemos e lanzamos co obxectivo de achegar aos clientes aínda máis ao comercio local da comarca, dentro do panorama dixital, tan necesario para os tempos que corren. Esta atractiva iniciativa permite mellorar a experiencia do usuario e facilitarlle determinadas accións vinculadas ao tecido comercial e empresarial do Morrazo que lle resulta máis rápido e doado que usar a propia web cando se está a empregar un móbil ou tablet en calquera lugar e momento do día. 
 
 
Unha vez que se descarga a app na tenda de aplicacións que teña o dispositivo móbil ou tablet (Google Play Store ou App Store), permitirá ter o COMERCIO LOCAL da comarca no móbil, puidendo obter importantes vantaxes e facilidades de forma gratuíta para todos e todas.
 
 

O usuario poderá localizar os establecementos de calquera vila do Morrazo (Moaña, Cangas, Bueu e ata Marín) directamente nun mapa interactivo e mesmo buscar negocios a través de interesantes filtros como localidade, sector, reparto a domicilio, tarxeta de fidelización ou que participen en sorteos ou campañas.   

Tamén poderá rexistrar os códigos dos sorteos das campañas organizadas por Fecimo para o Comercio do Morrazo que se realicen ao longo do ano, como a gran  Campaña de Nadal, e poder saber ao momento se resultou gañador ou quedar rexistrada a súa participación para os sorteos finais de campaña.

E como gran fortaleza da aplicación móbil, o cliente terá a opción de rexistrar e obter a TARXETA de FIDELIZACIÓN virtual para poder empregar con cada compra ou consumición que realice naqueles locais participantes asociados, e mesmo poderá acceder á súa conta persoal do CLUB de clientes do Comercio do Morrazo para comprobar o seu saldo e os seus movementos coa tarxeta. 

Ademais, tamén ofrece as últimas novas de actualidade sobre o Comercio do Morrazo, pero ao longo destes meses, a app irá desenvolvendo máis opcións interesantes para a clientela que se irán comunicando de forma paralela ao seu lanzamento. 

 

Histórico