30
Xuñ
2025
NOVA EDICIÓN DA FEIRA BUEU NON STOCK 2025
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), entidade integrada en FECIMO, está a organizar a quinta edición desta feira de oportunidades que terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo no aparcamento de As Lagoas.
A organización está a traballar un ano máis nunha nova edición onde hai 15 empresa inscritas, que se instalarán en carpas individuais de 25 metros cadrados no recinto que se habilitará para tal evento.
As empresas participantes están situadadas nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña, aínda que a maioría son da propia localidade de celebración: BOULEVAR LIBRARÍA EDICIÓNS, COUSIÑAS DE KELA, DEPORTES ÓLIVER, EL RINCÓN DE ARIA, ELI MIRANDA, JOYERÍA PERFUMERÍA CASTRO, LA CAPELLANA, MAKACOS, MELENA DE LEÓN, MUY MÍA, NENE´S MODA INFANTIL, OSBS CLOTHING, PARAIR COMPLEMENTOS, PEPELUCHOS e VICKY MODA INFANTIL.
Este tipo de feiras dan un impulso ao pequeno comercio permitindo liberar os stocks acumulados en tempadas anteriores, facendo sitio para a nova mercancía, e por outro lado, recuperar parte do invertido. Por outra banda, permítelle ás persoas clientas a oportunidade de adquirir produtos de primeiras marcas e prezos de ganga.
O horario da feira será de venres a domingo de 10:30 h a 14:00 h. e de 18:00 h a 22:00 h.
Para dinamizar o evento, coas compras realizadas nas empresas participantes, repartiranse entradas para que os máis pequenos poidan desfrutar dos inchables, e ademais os clientes poderán conseguir centos de regalos os días de celebración.
A feira porá a disposición de tod@s @s visitantes unha ampla gama de produtos e sectores como moda adulto, xuvenil e infantil, calzado, complementos, xoiería, perfumería, confección, libros, deportes, … a prezos de ganga.
A organización invita a vecinos/as e turistas a visitar este espazo mostrando o seu apoio ao comercio local, mercando nos establecementos de confianza e sen grandes desprazamentos.
Este evento organizado por ACIBU, está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e consumo, e conta coa colaboración do Concello de Bueu e ABANCA.