26
Xuñ
2020
Fecimo presenta a campaña de concienciación “Compra en local, date vida”
Fecimo ten en marcha unha sólida campaña de CONCIENCIACIÓN e SENSIBILIZACIÓN para facer responsable ao consumidor ou cliente nas súas tomas de decisións motivándoo cara un consumo ou compra local. Para iso, conta cunha planificación de tres fases ó longo destas semanas de verán onde se lanzarán, maioritariamente nas súas redes sociais, diversas pezas gráficas e vídeos, co fin de informar da importancia e vantaxes da presenza do comercio local nas nosas vilas e, ao mesmo tempo, emocionar ao cliente facéndolle ver o valioso que é para o comercio na creación dunha asentada e beneficiosa comunidade.
A primeira parte, xa presente en redes, deféndese baixo o lema: “COMPRA EN LOCAL, DATE VIDA”. Está constituída por unha parte gráfica e outra audiovisual, onde se poden apreciar algúns dos moitos negocios locais da comarca abertos por e para ti. Para ver o spot desta campaña, “O teu momento é agora, dalle vida ao teu comercio”, prema no título ou no fotograma de abaixo.