30
Xuñ
2020
Campaña de concienciación “Compra en local, date vida”
Fecimo puxo en marcha unha sólida campaña de CONCIENCIACIÓN e SENSIBILIZACIÓN para facer responsable ao consumidor ou cliente nas súas tomas de decisións motivándoo cara un consumo ou compra local. Para iso, contou cunha planificación de tres fases ó longo das semanas de verán onde se lanzaron, maioritariamente nas súas redes sociais, diversas pezas gráficas e vídeos, co fin de informar da importancia e vantaxes da presenza do comercio local nas nosas vilas e, ao mesmo tempo, emocionar ao cliente facéndolle ver o valioso que é para o comercio na creación dunha asentada e beneficiosa comunidade.
A primeira parte da gran campaña defendeuse baixo o lema: “COMPRA EN LOCAL, DATE VIDA”. Estivo constituída por unha parte gráfica e outra audiovisual, onde se podían apreciar algúns dos moitos negocios locais da comarca “abertos por e para ti”. Para ver o spot desta campaña, “O teu momento é agora, dalle vida ao teu comercio”, prema no título ou no fotograma de abaixo.