• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

21

Xan

2020

FECIMO REPARTE MÁIS DE 120 PREMIOS NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A campaña de Nadal organizada por FECIMO: “Ti es a nosa Estrela de Nadal” ven de rematar tras repartir mais de 120 premios entre os clientes dos asociados a Federación.

A Campaña de Nadal é unha das máis lonxevas da federación e leva xa máis de 20 anos repartindo premios entre os clientes do comercio local da Comarca.

Nesta edición Fecimo sorteou 109 premios en cheques compra repartindo máis de 7.000 euros directos con contías que variaron entre os 25 e os 250 euros, ademais, este ano tamén engadiu a novidade de premiar con “Compras Gratis” mediante o mesmo sistema de sorteo resultando gañadores 15 clientes con premios entre os 25 e os 200 euros tras acreditar a súas compras de Nadal cos tickets de compra dos establecementos, e que logo a Federación canxeou por cheques compra.

De este xeito a Federación rexistrou un total de 124 premiados e premiadas que xa recolleron os seus premios de forma progresiva durante a duración da campaña e nas datas posteriores ao remate da mesma.

Preme AQUÍ para visitar o álbum completo de Premiados en Facebook.

Dende a Federación, os Comercios asociados e polos mesmos gañadores, este incremento na cantidade de gañadores foi moi ben recibida, e aínda que non se dan premios tan grandes como nas primeiras edicións desta Campaña onde foi famoso o “millonario por un día” que tiña que percorrer a Comarca nunha limosiña gastando un millón de pesetas (6.000 euros), na actualidade esta grande “pedrea” de premios é moi ben recibida e calificada ata por aqueles gañadores que menos contía recibiron.

O sistema de participación fixose coa plataforma dixital que desenroloa a Federación na web www.comerciodomorrazo.com onde os clientes introduciron os seus datos e no mesmo intre descubriron se xa eran gañadores.

Tamén foron varios os establecementos que decidiron empregar esta mesma plataforma para agasallar aos seus clientes de forma particular e entre os que destacaron “Noa Complementos” en Cangas que introduxo premios de forma constante durante toda a duración da Campaña levando a felicidade aos seus propios clientes.

Dende a Federación agradecemos a tódolos establecementos que participaron a súa colaboración nesta campaña e queremos dar as “Grazas” dun xeito moi especial (ademais dos premios) a todos a aqueles clientes e clientas que nestes tempos son fieis ao comercio local e que coa súa proximidade axudan a manter vivo un tecido empresarial de moitísima importancia para as vilas e cidades como é o comercio local.

Histórico