• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

12

Xan

2022

FECIMO PECHA A CAMPAÑA DE NADAL CO SORTEO FINAL REPARTINDO 15.000 € EN PREMIOS

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A campaña de Nadal organizada por FECIMO: “Ti es a nosa Estrela de Nadal” vén de rematar tras repartir un centenar de premios entre os clientes dos asociados á Federación.

A Campaña de Nadal é unha das máis lonxevas da federación e leva xa máis de 20 anos repartindo premios entre os clientes do comercio local da Comarca.

Nesta edición Fecimo sorteou máis dun centenar de premios que foron entregados nas TARXETAS REGALO DO COMERCIO DO MORRAZO e coas que os gañadores poderán facer as súas compras do mesmo xeito que cos tradicionais cheques-compra.

FECIMO, en colaboración, novamente, con ESTRELA DE MARÍN, acadou que os premios chegasen a todo o Morrazo (Bueu, Cangas, Moaña e Marín),  puñendo en circulación máis de 15.000 euros en premios directos con contías que variaron entre os 25 euros e os 200 euros, deixando 4 grandes premios de 1.000 €, un por localidade, para un sorteo final que tivo lugar o día 11 de xaneiro.

A Federación, combinou o éxito da entrega dun elevado número de premios das pasadas edicións co que reparte ledicia ao maior número de xente posible, xunto coa ilusión dun sorteo final de grandes premios que este ano incluía 4 premios de 1.000 euros, un para cada localidade. 

Tal como se explicaba nas bases da campaña, os premios outorgábanse ao azar entre todas as participacións rexistradas en www.comerciodomorrazo.com. Os gañadores/as dos 4 premios de maior contía, de 1.000 euros cada un, competían dentro dese gran “bombo virtual” e que nesta edición acumulou preto de 80.000 participacións.

Esta entrega de premios pon fin á campaña que este ano, e por segunda vez, levou por nome “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”, e que repartiu máis de 15.000 € en premios, tendo en conta tamén a participación da localidade de MARÍN e que, neste xeito colaborativo, as tendas aportaron no reparto de premios máis de 1.000 pequenos agasallos entre os seus clientes.

Esta campaña que xa se vén celebrando dende hai máis de dúas décadas, e nas que xa foron moitísimas as ledicias e premios repartidos entre os clientes do comercio e as empresas locais, nesta ocasión, tivo unha duración de 5 semanas exactas, comezando o venres 3 de decembro e rematando o venres 7 de xaneiro.

Este ano, participaron 325 empresas, con máis de 170.000 códigos en circulación obtendo unha cifra de 80.000 boletos rexistrados aproximadamente. Con estas cifras, dende a Federación, constatamos que un ano máis, e pese a excepcional situación que estamos a vivir nos dous últimos anos, a Campaña de Nadal, tivo moi boa acollida e foi un éxito de participación por parte de establecementos participantes e dos clientes do comercio local do Morrazo. 

Os premios entregados materialízanse en TARXETAS REGALO para canxear nas empresas participantes na Campaña de Nadal, no prazo dun mes, ata o 7 de febreiro.

Poderán gastalo todo nunha empresa ou repartilo entre varias segundo eles decidan.

Histórico