• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

05

Feb

2020

“DÉIXATE NAMORAR POLO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

FECIMO comeza o 2020 organizando unha campaña que sorteará 3 CEAS románticas e 16 premios económicos de 25 e 50 € entre os clientes dos seus asociados que merquen no comercio local.

“DÉIXATE NAMORAR POLO COMERCIO LOCAL” e o nome da Campaña que a Federación pon en marcha para celebrar o “San Valentín” tratando de premiar e impulsar as ventas por esta data de ventas sinalada. Esta campaña comezou o sábado día 1 de febreiro e rematará o 15 de febreiro, un día despois da data que sinala o día dos namorados.

Nesta edición Fecimo sortea 9 premios en cheques compra de 25 euros, 7 premios en cheques compra de 50 euros e 3 ceas valoradas en 75 euros cada unha para disfrutar coas persoas máis queridas nos establecementos de hostalaría asociados a Federación.

O sistema de participación faise coa plataforma dixital que a Federación dispón na súa web www.comerciodomorrazo.com onde os clientes deben introducir os seus datos e no mesmo intre saberán se xa son gañadores ou gañadoras. Estes premiad@s deberán chamar a Fecimo para identificarse e logo recibirán o seu premio no mesmo establecemento onde fixeron a súa compra.

FECIMO trata de impulsar e premiar deste xeito a todos e todas aquelas persoas que mercan no comercio de proximidade e seguen así apoiando ao comercio local da nosa Comarca.

Prema aquí para ver aos e ás premiad@s da campaña “Déixate namorar polo Comercio Local” no álbum completo de Facebook. 

 

Histórico