13
Mar
2018
CARTELERÍA DO DIA DO PAI
O día do Pai (19 de Marzo) merece unha celebración e para isto FECIMO súmase no apoio e promoción do pequeno comercio e da hostalaría local aportando un bonito deseño de cartelería para os nosos asociados, no que ademais poderán escoller entre varias propostas para empregar a que mellor represente ao seu tipo de negocio.
Os carteis están dispoñibles en formato A3 (compatible con A4) e en PDF para a súa impresión.
FAI CLICK NA IMAXE QUE MÁIS CHE GUSTE E DESCARGA EN PDF:
Os catro deseños de carteis realizados por FECIMO e dispoñibles para a súa descarga pola campaña do “Día do Pai”.