07
Mar
2018
XOIERÍA TERRA E RODRIGO MOISES, GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE FACEBOOK DA CAMPAÑA DE NAMORADOS
O gañador foi elexido mediante sorteo en directo publicado en facebook .
A fotografía foi seleccionada de entre as 188 recibidas e publicadas durante a duración da promoción. A Xoiería Terra de Moaña e Rodrigo Moises recibirán os premios do concurso: unha cea para cada un valorada en 100 € para gozar con acompañante nalgún dos establecementos de hostalaría asociados a campaña.
Imaxe Gañadora no concuro de facebook
Xoieria Terra e Rodrigo Moises recibindo os premios
Parabéns aos premiados e dende a Federación queremos amosar o nosa gratitude a todas e todos os que participaron así como aos establecementos participantes.