17
Mar
2020
INSTRUCCIÓNS ESTABLECIDAS POLA XUNTA DE GALICIA PARA OS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS CON APERTURA PERMITIDA
En base á resolución do 13 de marzo de 2020 sobre a declaración da SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA en Galicia e a activación do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do Coronavirus COVID-19, a Xunta de Galicia establece unha serie de normas que deben cumplir os locais comerciais de apertura permitida.
INSTRUCCIÓNS ESTABLECIDAS PARA O COMERCIO DE APERTURA PERMITIDA
– Efectuar un control adecuado dos aforos.
– Aplicar medidas de distanciamento social:
* Distancia mínima de separación de 1 metro entre as persoas.
* Medidas organizativas mediante señalización horizontal, sistemas de tickets u otros, en zonas de pago, preparación de produtos ou similares.
– Limitar o acceso ao recinto de persoas con sintomatoloxía respiratoria.
– Informar visiblemente para as persoas que accedan sobre as medidas de hixiene respiratoria.
– Informar visiblemente que a estancia no establecemento sexa inferior a 15 minutos, polo que a compra sexa reducida a produtos básicos.
– Favorecer o aumento dos servizos de entrega a domicilio.
Para poder descargar o cartel gráfico e esquemático desta importante información para uso dos establecementos e imprimilo e colgalo no teu propio local ou mesmo subilo ás redes sociais, clique nos seguintes botóns en función da súa finalidade.