22
Xan
2019
Curso “As 5 claves da venda”
Este curso a realizar na sede de FECIMO, consta de 4 xornadas que terán lugar o mércores 6, 13, 20 e 27 de febreiro de 21:00 horas a 23:00 horas.
Trátase é a ampliación da xornada do mesmo nome realizada en Fecimo en 2018. Desta volta, profundizaremos na temática e buscaremos adicar máis tempo a fortalecer as vosas habilidades para pechar vendas cos vosos clientes/as.
“As 5 Claves da venta” é un método práctico, simple, fácil de aplicar no voso día a día, que pode axudarvos a conseguir máis vendas e clientes, mellorando ademais a fidelidade ao teu negocio. Vender non é fácil, pero coñecer e chegar a dominar as claves básicas para vender, sí o é.
A metodoloxía será amena e práctica, apoiándonos en casos concretos e situacións cotiás dos asistentes co fin de aprender a aplicar as distintas técnicas en cada negocio
TEMARIO:
• Como conectar mellor cos teus clientes para que desexen comprarche.
• Como conseguir e manter a confianza dos teus clientes.
• Entender mellor por que compran os clientes, como valoran e como podes aproveitalo para aumentar as túas vendas e beneficios.
• Como dirixir unha conversación que consiga vendas.
• As claves universais para persuadir a través do método “D.I. C.E.S.”
• Que palabras venden e cales poden facerche perder vendas.
• Como evitar e solucionar obxeccións e dúbidas dos teus clientes.
• Como defender os teus prezos e superar á túa competencia.
• Como pechar máis vendas a clientes interesados sen presionar.
• Como conseguir que os teus clientes queiran volver de novo a comprarche.
PONENTE:
Fernando Simón Marta, entrenador de vendedores.
É autor do método “As 5 claves da venta”, con máis de dez anos de experiencia en formación de vendedores.
Fai click aquí para ver o PDF do curso
O CURSO É GRATUÍTO PARA EMPRESAS ASOCIADAS.