15
Mar
2020
DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA POLA CRISE DO COVID-19
Dende Fecimo queremos trasladar un pequeno resumo da situación actual provocada pola crise do COVID-19, xa que o Goberno de España decretou este sábado 14 de Marzo o ESTADO DE ALARMA por segunda vez na nosa democracia para frear a expansión do coronavirus.
Dende o sábado restrínxese o movemento dos cidadáns e ponse a todas as autoridades do Estado ás ordes do Goberno da nación.
Sobre a circulación de persoas, o Goberno aprobou o seguinte:
“Durante a vixencia do estado de alarma os cidadáns unicamente poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades”:
a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros sanitarios.
c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza debidamente xustificada.
Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo.
En todo caso, en calquera desprazamento deberán respectarse as recomendacións e obrigacións ditadas polas autoridades sanitarias.
Ademais, o estado de alarma pon a todos os corpos de seguridade, incluídos os Mossos, a Ertzaintza e as policías locais baixo a autoridade do Ministerio do Interior. “Os integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os Corpos de Policía das comunidades autónomas e das corporacións locais quedarán baixo órdenes directas do titular do Ministerio do Interior, para os efectos deste Real Decreto, en canto sexa necesario para a protección de persoas, bens e lugares podendo impoñerlles servizos extraordinarios pola súa duración ou pola súa natureza”, di o decreto aprobado esta mañá.
PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR O BOE DO 14 DE MARZO PREMENDO NESTE ENLACE