• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

19

Nov

2018

O COMERCIO NO MORRAZO ÚNESE PARA FACER VISIBLE A SUA IMPORTANCIA NAS RÚAS

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, organizou e coordinou cos Concellos do Morrazo e outras asociacións unha campaña de sensibilización comercial co fin de por en valor a importancia vital do pequeno comercio nas rúas e barrios do Morrazo.

Esta iniciativa levouse a cabo en Bueu, Cangas e Moaña ao longo da xornada do sábado 17 de novembro.

Máis de 500 establecementos do Morrazo unironse para amosar o valor que aporta nas rúas e barrios das nosas vilas.

A campaña, consistiu en visibilizar a desaparición do pequeno comercio nas rúas, e quixo trasladar a mensaxe de qué pasaría se o pequeno comercio desaparecese das nosas vilas.

A campaña foi una iniciativa da Federación de Comercio do Morrazo – FECIMO e contou coa colaboración dos Concellos de Cangas, Bueu e Moaña así como a participación doutros colectivos como a Asociación de Comerciantes de Cangas Vella.

A campaña xurde ante a necesidade de visibilizar as consecuencias dos hábitos de consumo que se están a rexistrar na sociedade, onde o pequeno comercio perde forza ante as vendas en internet ou o consumo en grandes superficies comerciais. Dende Fecimo apuntamos que dende o ano 2012 máis de 250 establecementos comerciais botaron o peche no Morrazo e a tendencia poder continuar nos próximos anos se entre todos non tomamos conciencia desta realidade.

Os datos falan por si solos, o pequeno comercio está a rexistrar caidas nas vendas ano tras ano segundo os datos facilitados pola Confederación Española de Comercio; Sen ir máis lonxe as cifras de vendas de setembro 2018 foron as peores dos últimos 19 meses e o pequeno comercio ten que tentar salvar a campaña co Black Friday e a campaña de Nadal. Vendas que, ao contaren con descontos e promocións, diminúen os marxes e beneficios do pequeno comercio.

Dende Fecimo queremos destacar a nacesidade de que se ten que producir un cambio de conciencia no cliente final ao que se ten que sumar a administración poñendo as ferramentas necesarias para regular dun xeito eficaz os períodos de rebaixas, toda vez que se comprobou que a liberización das rebaixas non funcionou e so fixo empobrecer e atacar as marxes comerciais do  pequeno comercio restándolles competividade e levándoos ao peche en moitos casos.

Dende a Federación queremos trasladar a todala poboación que o pequeno comercio é a vida das nosas vilas, que supón case o 15% do PIB da comarca, representa ao 26% do emprego autónomo e dentro do sector supón un 70% do emprego feminino.

O pequeno comercio somos tod@s e tod@s saimos gañando con él.

Histórico