• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

05

Dec

2023

VOLVE A CAMPAÑA “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, pon en marcha unha nova Campaña de Nadal baixo o slogan “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL” o vindeiro 5 de decembro de 2023.

Chega o Nadal e con él o sorteo de premios máis grande do ano na nosa Comarca. As empresas do Morrazo celebran estas datas tan especiais dando a posibilidade aos seus clientes de conseguir fantásticos premios pola súa fidelidade.

O slogan “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL” procura enviar a mensaxe aos consumidores de que eles son os verdadeiros protagonistas do nadal para as empresas do Morrazo.

PREMIOS

*15.000€ EN PREMIOS* dos cales realizaranse sorteo de premios directos e un GRAN SORTEO FINAL de 4 premios de 1.000€*

*Os premios entregaranse en TARXETAS REGALO do Comercio local para gastar exclusivamente nos establecementos participantes na campaña.

FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA

Cada vez que un cliente realice un consumo maior de 10€ nun establecemento participante nesta campaña entre o 5 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, recibirá tarxetas con códigos alfanuméricos que deberá rexistrar na páxina www.comerciodomorrazo.com para saber no momento se foi agraciado cun dos estupendos premios directos que se sortean.

Dende a Federación destácase a importancia de gardar o código de participación, aínda que non resulte premiado cun dos premios instantáneos, xa que tódolos códigos rexistrados e non premiados entrarán no GRAN SORTEO FINAL que se celebrará o luns 8 de xaneiro de 2024. O sorteo final consistirá en 4 premios de 1.000€*, cada un dos mesmos sorteado entre os códigos rexistrados nas localidades de Bueu, Cangas, Marín e Moaña, é dicir, 1.000€* por localidade.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, e o Centro Comercial Local Estrela de Marín.  Iniciativa cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, e colaboran Abanca e Deputación de Pontevedra.

Histórico