• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

26

Set

2019

FECIMO COMEZOU AS XORNADAS DE FORMACIÓN GRATUÍTAS CON JAVIER CEBREIROS

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Federación comezou o seu novo ciclo de Xornadas de Formación e Networking do mellor xeito posible: Cunha grande participación de asociados e cunha xornada que gustou moito entre os asistentes.

O Almorzo Networking que tivo lugar no espazo de “El SIETE – Huele que alimenta” e que foi conducido por Javier Cebreiros, Doutor en comunicación e graduado en Dirección de Empresas, quen fixo reflexionar aos asistentes sobre a importancia das actitudes positivas, aportando claves para atopar a mellor versión de si mesmos, na procura de mellorar persoalmente e nas ventas.

A xornada comezou ás 8.30 horas cun pequeno almorzo para logo dar paso unha formación distendida e finalmente a un coloquio moi agradábel.

As vindeiras XORNADAS DE FORMACIÓN de FECIMO son as previstas para:

o 2 de outubro “ALTERNATIVAS PARA A IMPLANTACIÓN DA LOPD NA PEQUENA EMPRESA” na que Javier Cancelas, Titulado universitario de experto e especialista en Protección de Datos e membro da Asociación Profesional Española de Privacidade e Secretario de relacións institucionais por Pontevedra da Asociación Unificada de Gardas Civís, explicará aos asociados como implantar un rexistro de actividades de protección de datos nun comercio/empresa que trata datos de escaso risco a custo cero e cunhas nocións básicas para un tratamento axeitado.

e o 16 de outubro “O COMERCIO QUE VEN” da man de José Manuel Castro Pérez, quen é responsable da Vixilancia Competitiva do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e orienta e aconsella no desenvolvemento das súas estratexias a un gran número de empresas.

Histórico