• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

09

Nov

2017

FECIMO SUMASE A PLATAFORMA EN CONTRA DO MACROCENTRO COMERCIAL “PORTO CABRAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

FECIMO unese ao comercio local de Vigo e doutros concellos limítrofes por unha causa común: a defensa do modelo de comercio de proximidade e a oposición ao proxecto de Porto Cabral.

Por este motivo acabase de formar a ‘Plataforma Polo Comercio Local, Non a Porto Cabral’.

Na plataforma, na que sumamos máis de 1.200 membros, queremos dar a coñecer a nosa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e solicitamos o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar un “golpe mortal” ao comercio de proximidade e a outros vinculados.

Ademais, queremos denunciar a “información interesada e manipulada” que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sabemos que vai levar a destrución de miles de empregos se este proxecto vai adiante, e que por outro lado vai en contra dos modelos de cidades e vilas e de consumo que en Fecimo levamos anos defendendo.

Dende a plataforma acabamos de activar unha petición en Change.org, dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que non afundan ao comercio local apoiando a creación deste marcoproxecto e que creemos certamente que todos deberiamos firmar:

INFORMACION

Histórico