• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) é unha organización libre e políticamente independente, sen ánimo de lucro, cuia finalidade é a de representar, xestionar e defender os intereses das asociacións que a conforman, atendendo ás súas necesidades de información, formación e asesoramento dentro do ámbito territorial da comarca do Morrazo.

Constitúen os fins e funcións da Federación:

  1.  Atender as necesidades de información, formación, asesoramento, investigación e perfeccionamento das asociacións que a integran, estudando e divulgando cantos temas poidan afectar a este colectivo social e ás persoas xurídicas que a integran.
  2. Fomentar, axudar a desenrolar e apoiar proxectos empresariais concretos das asociacións que a compoñen.
  3. Captar, fomentar, promover e desenrolar vocacións empresariais.
  4. Representar, xestionar e defender os intereses das súas asociacións.
  5. Servir de órgano de unión e coordinación entre os seus membros, fomentando o espírito de solidariedade entre os mesmos.
  6. Actuar en apoio e defensa dos empresarios da comarca.
  7. Fomentar e apoiar o sistema da libre iniciativa e da economía de mercado.
  8. Cooperar coas diferentes organizacións sociais co fin de acadar un crecemento estable e un adecuado nivel de calidade de vida dentro do entorno de paz social necesaria.

O proxecto de unificación das 3 asociacións locais (ACIBU, ACICA E ACIMO) en 1992 e AEPICAS, en 2007, responde a unha situación lóxica, posto que os 3 Concellos viven unha mesma realidade; esta fusión sirve, neste contexto, para acadar máis recursos,fomentar a formación e impulsar campañas de promoción unitarias, todo elo sen esquecer a defensa fronte as grandes áreas comerciais.

Neste senso, trátase de potenciar o comercio tradicional e a pequena empresa da comarca,potenciando as súas peculiaridades e características distintivas. Debemos recuperar a ilusión, cambiando a dinámica de derrotismo pola adaptación ás novas situacións e tendencias de mercado, desterrado o estado de opinión dun futuro incerto.

Dende FECIMO, fieis ós principios históricos do asociacionismo e defensa dos intereses do sector, pártese dunha vocación integradora, plural e democrática, co principio e obxectivo último de acadar a unificación total do colectivo que representa, constituíndose no interlocutor e defensor dos intereses comúnsdo sector fronte institucións, organismos e entidades.

Traballarase para lograr o total recoñecemento do sector en todos aqueles foros onde se traten temas que nos afecten, consensuando as inquedanzas dos seus asociados, baixo os principios democráticos de participación.