• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

FORMACIÓN ON-LINE PARA A DIXITALIZACIÓN
bueu cor
cangas-cor
moaña cor

FORMACIÓN ON-LINE PARA A DIXITALIZACIÓN

DAS EMPRESAS DO MORRAZO

 

Nesta páxina atoparás unha selección de cursos on-line creados a medida para cubrir as necesidades de aprendizaxe para a correcta dixitalización das empresas da nosa Comarca.

Este proxecto está promovido pola Mancomunidade do Morrazo e conta coa colaboración de Fecimo para a organización e xestión das accións formativas. A participación nestes CURSOS é gratuíta para as empresas ubicadas no Morrazo e inclúe o acceso ás sesións presenciais, vídeos, manuais, titorías individuais, test de avaliación e foros de debate.

CURSOS DISPOÑIBLES

Canles de Venda OnLine.

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Perfís dos compradores online. A Covid-19 e o boom da venda online. Sistemas de comercio electrónico: Tenda online propia, marketplaces, redes sociais e outras plataformas. Uso de Google My Business como punto de partida para cando un cliente ou potencial cliente nos busca na rede.

CANLES DE VENDA ONLINE

WhatsApp Business como ferramenta de comunicación co cliente e escaparate do catálogo online.

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Diferenzas entre WhatsApp e WhatsApp Business , que podo facer e que non.

Usos de Whatsapp Business para crear un catálogo de produtos que o cliente pode mercar. Marketing en Whatsapp.  Integración online-offline básica usando Whatsapp.

 

WHATSAPP BUSINESS

Transformación de Facebook e Instagram en canles de venda.

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Creación de tendas en Facebook e Instagram con catálogos online de produtos, promoción e etiquetado de produtos, recomendacións de uso, opcións de marketing e publicidade en Facebook e Instagram. 

 

TRANSFORMA FACEBOOK E INSTAGRAM

EN CANLES DE VENDA

Plataformas de pagamento online, custe e formas de uso.

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Presentación e análise de plataformas de pagamento con tarxeta de xeito non presencial: Vantaxes e inconvintes de cada unha.

Tarifas de uso e demanda dos usuarios: PayPal, Bizum, Twyp, Google Pay, Apple Pay, Pay by Link (Paycomet). TPVs virtuais en tendas online (Redsys).

 

PLATAFORMAS DE PAGAMENTO ONLINE

Solucións On-Line para o teletraballo en servizos profesionais (educación, servizos clínicos, entrenamento, asesoría…)

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Uso profesional de Zoom, Skype, GoogleMeet, GoogleClassroom. Ferramentas colaborativas de documentos na nube. Ferramentas de xestión de proxectos e equipos: Trello. Aspectos a ter en conta para unha boa videoconferencia.

 

SOLUCIÓNS ONLINE PARA O TELETRABALLO EN SERVIZOS PROFESIONAIS

Loxística de envíos e ferramentas de seguimento e control.

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Packaging, alternativas e métodos de envío, “click & collect”, loxística inversa. Podo cobrar os gastos de envío ou non?

Integración do seguimento de pedidos na tenda online.

 

LOXÍSTICA DE ENVÍOS E FERRAMENTAS DE SEGUIMENTO E CONTROL

Visión xeral e recomendacións para o desenvolvemento de tenda online

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Que elementos debe ter unha web de comercio electrónico para funcionar ben? Como se xestiona una tenda online? .Alternativas de creación de tenda online e plataformas: tendas na nube, WordPress+WooCommerce e PrestaShop. Visión de conxunto de Google Analytics: interpretación das estatísticas básicas.

 

VISIÓN XERAL E RECOMENDACIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE TENDA ONLINE

Fotografía de produto para web e redes sociais

IMPARTIDO POR DANI MARCOS

Cales son e como funcionan as regras de encadre nunha fotografía. Análise de diferentes fotografías e como aplicamos as regras nelas. Consellos para mellorar a composición. Veremos como traballar a Iluminación nas fotografías aproveitando a iluminación natural, aplicando iluminación artificial e que tipos de iluminación evitar.

FOTOGRAFÍA DE PRODUTO PARA WEB E REDES SOCIAIS

Atraer a novos clientes coa publicidade online (Facebook e Google Ads)

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Como facer campañas básicas en Facebook, Instagram e Google Ads. Sistemas de cálculo de prezos (CPC e CPM). Tipos de campañas. Creación de conta publicitaria, definición de audiencias e target, palabras clave e xestión de anuncios online.

 

ATRAER A NOVOS CLIENTES COA PUBLICIDADE ONLINE (FACEBOOK E GOOGLE ADS)

Edición de fotografía para web e redes sociais

IMPARTIDO POR DANI MARCOS

Edición básica para mellorar a foto por medio de app. Aclaración de dúbidas e preguntas.

As imaxes son o contido que consegue un maior alcance e ata o dobre de clics que as demais publicacións en webs e redes sociais. Neste curso veremos como facer unha edición básica para mellorar as fotos por medio de aplicacións e sacar o máximo proveito ao poder que teñen. Se cres que o deseño non é o teu forte, non te preocupes este curso é para tódolos niveis.

EDICIÓN DE FOTOGRAFÍA PARA WEB E REDES SOCIAIS

Estratexia de presenza On-Line e posicionamento en Google (SEO)

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Aspectos básicos do funcionamento do algoritmo de Google. Optimización de web e definición de palabras clave para aparecer nos resultados de búsqueda cun bo posicionamento. Ferramentas básicas de SEO. Outros aspectos que axudan ao posicionamento.

 

ESTRATEXIA DE PRESENZA ONLINE E POSICIONAMENTO EN GOOGLE (SEO)

formación do morrazo PRÓXIMOS CURSOS

14/15 DECEMBRO

Reloj - Iconos gratis de hora y fecha 21.00 h. / duración 4 horas en dúas sesións

IMPARTIDO POR JAVIER ROCAMORA

Interacción cos posibles clientes. Presenza nas redes sociais.

En que redes sociais debe estar a miña empresa,  Plan de contidos e tipoloxía das publicacións. Como, cando e que publicar en cada rede. Uso profesional de Facebook, Instagram, Twitter, LinkedIn e YouTube. Xestión de reputación online e comunicación de crise. Como facer unha análise de resultados.

 

INTERACCIÓN COS CLIENTES. PRESENZA NAS REDES SOCIAIS

formación do morrazo FORMADORES

JAVIER ROCAMORA

Javier Rocamora García, (Elche, 1972) é consultor e formador especialista en marketing online, xestión de redes sociais e comercio electrónico. Leva toda a súa carreira profesional de 28 anos ligado ao mundo do marketing e das ventas, centrado no entorno dixital dende 2005.

Ten participado e dirixido decenas de proxectos formativos e de consultoría para todo tipo de empresas, dende pemes ou micropemes a multinacionais. Ten colaborado con Red.es (Ministerio de Industria) no deseño, redacción e impartición de contidos para o programa de promoción de comercio electrónico “¿Vendes en internet?”, é colaborador habitual de distintas axencias de marketing dixital e ten desenvolto traballos tanto en sectores industriais (especialmente no sector de suministros para a industria pesqueira e equipamentos para hospitais, ambos a nivel europeo), empresas de servizos (Telefónica-Movistar, ING, Applus, Adecco, Unísono) como comerciais nos sectores da óptica, odontoloxía, fisioterapia, decoración, mobles, turismo (destacan campañas en redes sociais para Turismo de Galicia e a Federación Galega de Turismo Rural), hostelería, alimentación, grandes superficies (Vegalsa-Eroski, Media Markt, Leroy Merlin, Carrefour), perfumería, moda e complementos, xoiería, farmacia, adegas, formación e educación privada, saúde pública, artesanía, construcción, recambios do automóbil, seguros, alimentación… e moitos máis

Foi docente en diversas edicións de Másters MBA e Másters en Dirección Comercial e Marketing e imparte con regularidade cursos formativos para a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e diversas asociacións empresarias de toda Galicia. Ten organizado varias edicións de cursos de Community Manager coa colaboración de profesionais de prestixio. 

É conferenciante habitual en foros e congresos, tanto en Galicia como no resto do país, e colaborador na revista dixital Marketing4Ecommerce, onde escribe artigos con regularidade. 

DANI MARCOS

Dani Marcos Rodríguez, é fotógrafo en Cangas que está especializado en fotografía social e de estudio. 

Un fotógrafo que aposta por unha fotografía real e natural, tentando sempre dar un enfoque diferente, innovador e desenfadado ás reportaxes que realiza. Céntrase en captar os sentimentos e a complicidade conseguindo unha imaxe que conecta cos clientes e cos espectadores. O seu traballo ten como obxectivos impactar e facer que a súa imaxe funcione perdurando no tempo.

Na súa faceta de formador destaca por ser un comunicador ameno e cercano aos seus alumnos e busca que ao finalizar os cursos os asistentes sexan autosuficientes cos seus medios fotográficos, chegando a entender os elementos e factores que crean unha imaxe e podendo prescindir así dos automatismos por completo.

Actualmente imparte e impartiu cursos de inicio á fotografía para particulares, así como para a Deputación de Pontevedra para o “Programa Conectadas”.