03
Xan
2018
PRIMEIRA FESTA INFANTÍL DAS GYMKHANAS DE NADAL EN CANGAS
Onte comezaron as festas polas Gymkhanas de Nadal no auditorio de Cangas cunha grande participación de rapaces e familias.
Entorno as 17:00 horas abríronse as portas da primeira das festas de Nadal, organizadas por Fecimo, para os rapaces da vila de Cangas e que terán continuidade en Bueu e Moaña.
Foron moitos os nenos, nenas e familias que esperaban nas portas do auditorio para poder acceder a unha festa que durou mais de dúas horas e na que todos puideron gozar de xogos, animación, pinturas, globoflexia, caracterización e na que tivo lugar o sorteo de dúas cestas de Nadal para os pequenos e unha Tablet de última xeración.
Na festa participaron os rapaces e rapazas que durante os días previos de decembro contestaron as probas propostas pola organización e que estaban nos 37 establecementos participantes da vila de Cangas polos que os nenos de entre 4 e 14 anos tiveron que pasar para coñecer, contestar e selar as súas respostas.
Os premios foron entregados na festa e pese a que o gañador da Tablet non estaba no momento do sorteo foi avisado e chegou pouco despois para recoller o máis ansiado premio do sorteo.
Tralas actividades e os sorteos os nenos e as súas familias puideron degustar de forma gratuíta unha chocolatada con roscón de reis que foi moi ben acollido por todos.