• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

16

Mar

2020

LISTADO ACTUALIZADO DE ESTABLECEMENTOS CON AUTORIZACIÓN PARA APERTURA

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOGA a resolución do venres 13 de marzo de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se declara a SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA e se activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia; e sobre a que acaba de sumarse a modificación RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; ambas enmarcadas pola situación de ESTADO DE ALARMA decretado polo Goberno Central.

 

Estas medidas conlevan a suspensión da actividade comercial retallista, restauración, ocio e determinados servizos durante 15 días.
A efectivade das mesmas entrou en vigor ás 00:00h do sábado 14 de marzo de 2020.
Dende FECIMO queremos presentarvos unha síntese actualizada á data actual, 16 de Marzo de 2020, de cales son os establecementos que poden abrir segundo o acordo inicial do 13 de marzo, as súas modificacións do 15 de marzo e dentro do marco establecido polo Goberno Central no Estado de Alarma.
Establécese que poderán continuar abertas as seguintes actividades e establecementos comerciais retallistas en todo o territorio da Comunidade Autónoma por considerarse correspondentes a bens de primeira necesidade, segundo a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009):
47. COMERCIO AO RETALLO
47.1 Comercio ao retallo en establecementos non especializados.
47.11 Comercio ao retallo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
47.2 Comercio ao retallo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en establecementos especializados.
47.21 Comercio ao retallo de froitas e hortalizas en establecementos especializados.
47.22 Comercio ao retallo de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados.
47.23 Comercio ao retallo de peixe e mariscos en establecementos especializados.
47.24 Comercio ao retallo de pan e produtos de panadaría, confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.
47.25 Comercio ao retallo de bebidas en establecementos especializados.
47.26 Comercio ao retallo de produtos de tabaco en establecementos especializados.
47.29 Outro comercio ao retallo de produtos alimenticios en establecementos especializados.
47.3 Comercio ao retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
47.30 Comercio ao retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
47.4 Comercio ao retallo de equipamentos para as tecnoloxías da información e as comunicacións en establecementos especializados.
47.41 Comercio ao retallo de ordenadores, equipamentos periféricos e programas informáticos en establecementos especializados.
47.42 Comercio ao retallo de equipamentos de telecomunicacións en establecementos especializados.
47.43 Comercio ao retallo de equipamentos de audio e vídeo en establecementos especializados.
47.52 Comercio ao retallo de ferraxaría, pintura e vidro en establecementos especializados.
47.6 Comercio ao retallo de artigos culturais e recreativos en establecementos especializados.
47.62 Comercio ao retallo de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados.
47.7 Comercio ao retallo doutros artigos en establecementos especializados.
47.73 Comercio ao retallo de produtos farmacéuticos en establecementos especializados.
47.74 Comercio ao retallo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.
47.75 Comercio ao retallo de produtos cosméticos e hixiénicos en establecementos especializados.
47.76 Comercio ao retallo de flores, plantas, sementes, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para estes en establecementos especializados.
47.78 Ópticas.
47.81 Venda ambulante de alimentación a domicilio en camións tenda.
47.9 Comercio ao retallo non realizado nin en establecementos, nin en postos de venda nin en mercados.
47.91 Comercio ao retallo por correspondencia ou internet.
– Actividade de reparación ou talleres de reparación de vehículos.
– Actividade das lonxas.
– Actividade realizada en gabinetes de psicoloxía e pedagoxía.
Aclárase expresamente para evitar dúbidas que as seguintes actividades económicas privadas non están afectadas pola suspensión ordenada no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 e, en consecuencia, poden permanecer abertas:
– Actividades sanitarias e de servizos sociais (actividades hospitalarias, médicas e odontolóxicas, asistencia en establecementos residenciais).
– Actividades financeiras e de seguros.
– Actividades profesionais, científicas e técnicas.
– Actividades administrativas e servizos auxiliares.
– Asistencia en establecementos residenciais con coidados sanitarios.
– Actividades de servizos sociais sen aloxamento.
– Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico.
– Lavado e limpeza de pezas téxtiles e de pel.
– Pompas fúnebres e actividades relacionadas.
– Fisioterapeutas.
– Técnicos de reparación e mantemento.
– Servizos veterinarios.
RESTAURACIÓN
Os establecementos de hostalería e restauración, como cafetarías, bares e restaurantes, permanecerán cerrados ao público, pero poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio.
O peche non afecta ós bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior das instalacións destinadas á prestación de servizos públicos, sempre que a súa actividade se limite estritamente aos seus clientes aloxados ou aos traballadores das instalacións.
NOVAS SUSPENSIÓNS
Suspéndense as actividades económicas correspondentes a:
Academias (agás modalidade online),
Autoescolas (agás modalidade online),
Perrucarías e outros tratamentos de beleza (agás servizos a domicilio por causas debidamente xustificadas).
HORARIOS COMERCIAIS
Todos os establecementos comerciais de primeira necesidade a excepción dos suspendidos no Acordo, terán liberdade horaria para fixaren sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais.
#links a DOCUMENTOS DE INTERESE:
// por orde cronolóxico //

Histórico
ARTIGOS RECENTES