11
Xul
2019
A CAMPAÑA “MERCA VERÁN” REMATOU COA ENTREGA DOS PREMIOS AOS GAÑADORES

O 30 de xuño rematou a campaña de benvida ao Verán do comercio do morrazo “MERCA VERÁN” e no que vai de xullo xa foron entregados case tódolos premios aos gañadores.
Os sorteos realizáronse no momento en que os clientes introducían o código recibido por unha compra na plataforma dixital habilitada en www.compranomorrazo.com, sabendo nese mesmo intre se resultaran ou non gañadores.
De este xeito os 600 euros quedaron repartidos en 9 premios: 3 premios de 100 euros e 6 premios de 50 €.
Estes foron os gañadoras e gañadores a as tendas onde foron entregados os boletos:

Manu Bernardez, premiado con 100 € en INNOVA ÓPTICA

Roberto Carlos Santos Férnandez, premiado con 100 € en FOTO MARCIAL

Alberto da Cruz Serefim, premiado con 50 € en PELUQUERÍA ALBERTO

Cristina Sineiro, premiada con 50 € en ÓPTICA STUDIO CANGAS

David Vasconcellos, premiado con 50 € en MERCAROUPA CANGAS

Salvador Dios, premiado con 50 € en APP INFORMÁTICA MOAÑA

Begoña del Carmen Pastoriza, premiada con 50 € en LA BARATA







