CAMPAÑA MORRAZO DIXITAL
BASES DA CAMPAÑA
Bases da promoción “MORRAZO COMERCIO LOCAL DIXITAL”.
1.- OBXECTO
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo_FECIMO, desenvolverá do 04 de novembto de 2022 ao 27 de novembro de 2022, ambos inclusive, a promoción “MORRAZO COMERCIO LOCAL DIXITAL” (de aquí en diante CAMPAÑA). Esta Campaña procura transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios polas compras realizadas nos mesmos.
2.- ÁMBITO DA PROMOCIÓN
Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais e demais empresas integradas na Federación a través das súas asociacións, que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos atópense abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado). Un establecemento que non participe na campaña non poderá entregar o material da campaña nin descontar as tarxetas regalo do comercio local resultante dos sorteos de premios de dita campaña.
As bases estarán publicadas e dispoñibles nas páxinas webs www.fecimo.es e www.comerciodomorrazo.com.
3.- PREMIOS
Os premios que constitúen a presente campaña consisten en tarxetas regalo do comercio local para mercar nos establecementos adheridos á campaña, por un importe total bruto antes de retencións/ingresos a conta de 800,00 €, repartidos da seguinte forma:
CATEGORÍA A) PREMIOS TARXETA REGALO POLO USO DA TARXETA DE FIDELIZACIÓN
Aportados pola organización:
20 PREMIOS DE 30 €*………..Total___600 € (150€ mínimo por localidade)
CATEGORÍA B) PREMIOS CÓDIGO DESCONTO POLAS COMPRAS NO MARKETPLACE DO COMERCIO LOCAL
2 PREMIOS DE “COMPRA GRATIS”* por importe máximo de 100€ por compra.
*FECIMO resérvase o dereito a entregar aos gañadores outro premio de iguais ou similares características.
4.- DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN.
Trátase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas adheridas á Fecimo.
Pode participar nos “PREMIOS CATEGORÍA A” calquera persoa física, maior de idade, que realizara algunha compra ou servizo por importe igual ou superior a 10€, no comercio ou empresa asociada participante durante o período de vixencia da promoción (do 04 de novembto de 2022 ao 27 de novembro de 2022) e utilizase a tarxeta de fidelización do comercio local nese proceso de compra.
Pode participar nos “PREMIOS CATEGORÍA B” calquera persoa física, maior de idade, que realizara algunha compra no MARKETPLACE do COMERCIO LOCAL DO MORRAZO (www.comerciodomorrazo.com/compra) durante as datas de celebración da campaña (do 04 de novembro de 2022 ao 27 de novembro de 2022) calquera que fose o importe desa compra.
Cada cliente, en cada unha das categorías de premios, poderá participar tantas veces como compras ou contratación de servizos realice, aumentando deste xeito as súas probabilidades de resultar agraciado/a cun premio.
A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción.
A constatación de calquera destas circunstancias suporá a descualificación automática do participante. No caso de constatar as citadas irregularidades con posterioridade á aceptación do premio, FECIMO, resérvase o dereito a exercitar todas as accións legais que lle asistan contra os infractores.
5.- PROCEDEMENTO DO SORTEO.
PREMIOS CATEGORÍA A:
Para a escolla de gañadores realizarase, unha vez rematada a campaña, unha asignación de número a cada movemento rexistrado no sistema de fidelización que cumpra coas condicións de campaña (mínimo 10€ de compra e realizarse entre o 04 de novembro de 2022 ao 27 de novembro de 2022). Entre todos os movementos rexistrados sortearanse os PREMIOS CATEGORÍA A do seguinte xeito:
5 Premios entre os movementos da localidade de Bueu.
5 Premios entre os movementos da localidade de Cangas.
5 Premios entre os movementos da localidade de Marín.
5 Premios entre os movementos da localidade de Moaña.
PREMIOS CATEGORÍA B:
Para a escolla de gañadores realizarase, unha vez rematada a campaña, unha asignación de número a cada compra realizada no Marketplace do Comercio Local (www.comerciodomorrazo.com/compra) que cumpra coas condicións de campaña (compras realizadas entre o 04 de novembro de 2022 ao 27 de novembro de 2022). Entre todos os movementos rexistrados sortearanse os PREMIOS CATEGORÍA B do seguinte xeito:
2 compras gratis**
**= as compras gratis consistiran na entrega á persoa agraciada co premio, do importe da súa compra (ata un máximo de 100€ por compra) nun código desconto para utilizar no Marketplace do Comercio Local. Os premios “compra gratis” nunca suporán a entrega de cantidades en metálico.
De non acadarse o importe dos 200€ orzamentados nos premios CATEGORÍA B, as cantidades restantes ata acadar os 200€ orzamentados poderán destinarse a sorteo entre os concursantes da CATEGORÍA A.
*FECIMO resérvase o dereito a entregar aos gañadores outro premio de iguais ou similares características.
6.- ENTREGA E ACEPTACIÓN DOS PREMIOS
A entrega dos PREMIOS CATEGORÍA A farase PRESENCIALMENTE no establecemento onde se realizou o movemento que orixinou a participación na promoción e na data que indique a organización. A organización non enviará os premios resultantes da campaña a domicilio, sendo responsabilidade das persoas participantes retirar o premio resultante do sorteo. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos o premio quedará deserto.
A entrega dos PREMIOS CATEGORÍA B farase telemáticamente no CORREO ELECTRÓNICO facilitado polo cliente no proceso de rexistro da compra no Marketplace do Comercio Local (www.comerciodomorrazo.com/compra)
Ningún dos premios da presente promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación o cesión a petición dos gañadores.
Os gañadores/as das tarxetas regalo deberán gastalos nos establecementos adheridos á campaña, nun prazo de 1 MES dende a obtención do premio (establecese como data límite: 31 de decembro de 2022).
7.- OUTRAS CONDICIÓNS DOS PREMIOS
- FECIMO resérvase o dereito a non aceptar movementos na tarxeta de fidelización que non se atopen respaldados por un ticket de compra por importe igual ao introducido no sistema de fidelización. Ditos tickets no poderán ser tickets manipulados, falsos ou con calquera defecto ou anomalía que impidan o seu recoñecemento ou validez de participación nesta promoción.
- O período de reclamacións ao promotor finaliza en 7 días hábiles transcurridos dende a finalización da campaña.
8.- LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR
FECIMO resérvase o dereito, se concurre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción. A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade, polo que a manifestación, no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, FECIMO, quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.
Así mesmo, os participantes comprométense a admitir a decisión interpretativa que FECIMO poida darlle sobre as presentes bases ou sobre calquera cuestión derivada da promoción contemplada nestas.
O gañador de calquera dos premios non poderá ser o propietario/titular/socio, os seus empregados, cónxuxe, nin familiar de 1º grao descendente ou ascendente (fillos/pais) do establecemento onde fora entregada a tarxeta de código. Dada a imposibilidade material por parte de FECIMO de identificar as persoas mencionadas anteriormente, de resultar calquera delas agraciadas e de coñecerse tal circunstancia, excluirase como premiado quedando dito premio deserto.
Así mesmo, se a persoa que a tarxeta cos selos, fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.
9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES
- FECIMO non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.
- FECIMO non será responsable se a tarxeta é incorrecta, está danada, perdeuse, sustraíuse ou calquera outra circunstancia allea ao promotor que anule o dereito do gañador a reclamar o premio.
10.- DEREITOS E DEBERES DE PARTICIPANTES E GAÑADORES.
10.1._ REPERCUSIÓN FISCAL
FECIMO non se fará cargo dos impostos derivados da entrega dos premios, salvo aqueles que por lei correspóndalle satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que poida corresponderlle en virtude da lexislación aplicable.
- a) De conformidade coa normativa do IRPF os premios desta promoción estarán suxeitos á normativa fiscal en vigor en cada momento, actualmente a Lei 35/2006, de 28 de novembro do IRPF, modificada pola Lei 26/2014 de 27 de novembro, o Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF, o Real Decreto 2004/2009 de 23 de decembro e o Real Decreto-Ley 9/2015 que modifica o anterior.
Neste marco legal, establécese que os premios derivados da participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións ao azar vencelladas á venda e promoción de bens e servizos están suxeitos ao ingreso a conta sempre e cando a base de retención ou ingreso á conta do premios sexa superior a 300 €.
- b) Con independencia do establecido no punto anterior, o premiado queda obrigado ao cumprimento das súas obrigas contables e fiscais. En concreto, e como suxeito beneficiario do premio deberá declarar e incorporar na súa base impoñible xeral do seu IRPF, a valoración neta do premio.
- c) FECIMO queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para o agraciado puideran derivarse da obtención do premio.
10.2._ TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A ORGANIZACIÓN respecta a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, a privacidade dos usuarios e o secreto e seguridade dos datos persoais, de conformidade co establecido na lexislación aplicable en materia de protección de datos, en concreto, a Lei Orgánica de 3/2018 de 5 de decembro de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais (LOPDGDD), adoptando para iso as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos que están expostos.
En concreto, infórmase os usuarios do portal que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveron.
A ORGANIZACIÓN informa de que os datos proporcionados por calquera medio polos participantes da promoción na web www.comerciodomorrazo.com serán incorporados a un ficheiro automatizado responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar o seu acceso e participación na presente promoción
Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Estáblecense como puntos de contacto para os interesados o seguinte correo electrónico fecimo@fecimo.es Así mesmo, estáblecense como punto de
contacto presencial para os interesados o seguinte domicilio, Avda de Vigo nº 91-baixo, 36940 Cangas (Pontevedra).
A ORGANIZACIÓN adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado.
- 3 CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
Os gañadores nesta promoción autorizan a que se tomen fotografías e se graven imáxenes en soporte audivisual así como a súa reproducción, uso, e difusión do seu nome, apelidos e imaxen en calquera actividade publicitaria e/ou promocional relacionada coa promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración económica ou en especie ou beneficio algún. A cesión inclúe os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública de gravacións ou imaxenes captadas, sen limitación de tempo nin territorio exclusivamente relacionadas con este certame, sen restricción algunha, no seu estado orixinal ou procesadas e altaradas de calquera xeito, en todo ou en parte, en calquera medio visual, impreso ou electrónico presente ou que se poida desenvolver no futuro como serían entre outros, exposicións, revistas, libros, diarios, televisión, valos publicitarios, folletos, puntos de venda, CD Rom ou DVD, sitios de Internet ou similares, con calquera obxecto lícito o que inclúe, entre outros, publicidade, promocións, contido editorial e anuncios.
- ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe a ORGANIZACIÓN. Para verificar esta aceptación ao participante solicitarase a aceptación expresa no momento de validación de códigos. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases pola ORGANIZACIÓN, serán competentes para coñecer dos litíxios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Cangas do Morrazo, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio fuero, de resultar distinto ao aquí pactado.
En Cangas, a 03 de novembro de 2022