• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

08

Mar

2024

NOVA PRESIDENCIA DE FECIMO PROCLAMADA NA ASEMBLEA ELECTORAL

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo  celebrou as súas eleccións o día 6 de marzo, ás 21:00 h en segunda convocatoria nunha Asemblea Xeral nas súas oficiñas en Cangas.

O pasado 15 de febreiro procedeuse coa apertura do proceso electoral da Federación co envío da convocatoria desta Asemblea aos mesmbros da mesma.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas á presidencia de FECIMO e habendo unha única presentada, prescíndese de votacións e ratifícase a proclámación como presidenta a María del Carmen Pereiro Casás, titular da empresa Joyería Ángel Rodríguez en Cangas.

Así, Ana Ave Estévez pasa o seu cargo a María del Carmen Pereiro Casás de cara os vindeiros catro anos, que foi proclamada recentemente como presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas- ACICA o pasado día 30 de xaneiro de 2024. 

Así mesmo, preséntase á Asemblea Xeral a lista de membros que formarán parte da Comisión Executiva para a súa ratificación e a designación de cargos:

 

MEMBROS DA COMISIÓN EXECUTIVA DE FECIMO

MARÍA DEL CARMEN PEREIRO CASÁS PRESIDENTA
EUGENIO BLANCO JUNCAL VICEPRESIDENTE 1º
TATIANA CHAPELA RODRÍGUEZ VICEPRESENTA 2ª
DANIEL MARCOS RODRÍGUEZ SECRETARIO
CÁNDIDO BOUBETA CANCELAS TESOUREIRO
LUCÍA VERDE GONZÁLEZ CONTADORA
MARÍA DEL CARMEN FERVENZA PORTELA VOGAL
JOSUHA ACUÑA RODRÍGUEZ VOGAL
JUAN CARLOS VILLAR FERRADÁS VOGAL

María de Carmen indica que espera manter a unión entre os empresarios e colaborar con outros colectivos coa finalidade de traballar unidos.

 

Histórico