23
Xuñ
2016
O Morrazo.Da man da natureza…Da man da humanidade
21/07/2012 O sábado, 21 de xullo ás 12:00 tivo lugar en Moaña, a presentación da nova publicación “O Morrazo. Da mán da natureza…Da mán da humanidade”. Trátase un fermosa obra editada por FECIMO, na que un colectivo de autores, fotografos, correctores, artistas e entidades, apostaron unha vez máis pola posta en valor da nosa Comarca.
As empresas asociadas poden recoller o seu exemplar gratuito en FECIMO
O presidente da Federación, Xosé Bangueses Garcia, presidíu o acto acompañado de José Fervenza Costas, alcalde de Moaña José Enrique Sotelo, alcalde de Cangas e Felix Juncal Novas, alcalde de Bueu.
Xosé Bangueses, explicou que dende a entidade apóstase de xeito permanente por mostrar a beleza do contorno no que vivimos, moitas veces descoñecido e que dende FECIMO, como parte da súa responsabilidade social corporativa debe aportar o seu gran de area para como parte do compromiso empresarial coa sociedade morracense.
Salvador Castro, coordinador da publicación, foi o encargado de expoñer como naceu a iniciativa, como un traballo conxunto na que moitas persoas adicaron o seu tempo, compartiron os seus coñecementos e plasmaron o seu amor polo Morrazo.
Por último, os tres responsables municipais, coincidiron na importancia da publicación e felicitaronse por conseguir que, unha vez máis, da mán de FECIMO, se conseguira unha obra tan fermosa.
O libro divídese en dous grandes apartados: O primeiro, Da mán da natureza, intenta achegarnos a algunhas das maravillas naturais da comarca, sexan estas espazos naturais, atalaias para a contemplación da paixase ou praias. O segundo, Da man da humanidade, mostra parte das delicadezas legadas polos nosos devanceiros.
A publicación, ten unha tirada de 2.000 exemplares, dos cales se entregará un exemplar a cada empresa asociada, 100 exemplares a cada Concello, como entidades colaboradoras, realizaranse entregas institucionais para promoción turística e unha parte está a venda nas librerías asociadas de Bueu, Cangas e Moaña.