• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

20

Mai

2024

ABANCA E FECIMO RENOVAN O SEU CONVENIO PARA IMPULSAR O SECTOR COMERCIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

  • O convenio conta cun amplo catálogo de produtos e servizos deseñados específicamente para facilitar o acceso ao crédito ás empresas federadas.
  • O banco ofrece o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’ para persoas traballadoras autónomas.

ABANCA e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo veñen de asinar, un ano máis un acordo de colaboración que reforza o compromiso de ambas entidades coa economía da comarca do Morrazo.

 

O convenio foi asinado o pasado xoves na sede da Federación, por un lado polo director de zona de ABANCA en Vigo Norte, Víctor Manuel Vázquez, e por outro pola presidenta da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo e presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas, María del Carmen Pereiro; o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu, Eugenio Blanco; a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, Tatiana Chapela; e o presidente da Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras-Bueu, Pablo Pazos.

No documento rubricado establécense unha serie de produtos financeiros deseñados a medida para as persoas que forman parte da federación, como os préstamos para anticipos de subvencións, os préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, pólizas de crédito, entre elas a póliza de crédito ‘Avante Fecimo’, liñas de desconto comercial, confirming ou avais. Así mesmo, poderán beneficiarse das vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais, eliminando os cargos por mantemento de contas, tarxetas, transferencias e ingreso de cheques, entre outros.

Entre as vantaxes do acordo tamén figura o acceso a servizos dixitais como a banca electrónica ou o servizo Appúntame, que permite xestionar de forma sinxela calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións, tanto para os negocios como para os seus clientes. Así mesmo, ofrece unha serie de vantaxes na contratación dos dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais.

No convenio tamén destaca o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, o seu primeiro plan de pensións de emprego simplificado (PPES), un produto sinxelo e flexible, dirixido a persoas traballadoras autónomas e que permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais.

Histórico