12
Xan
2018
ENTREGADOS OS PREMIOS DA CAMPAÑA DE NADAL
A Campaña de Nadal chega o seu fin con 72 gañadores e máis de 7.000 € en premios.
Dende o eu inicio o día 5 de decembro, Fecimo repartiu este ano na campaña ” O NADAL É MÁIS GRANDE NO PEQUENO COMERCIO” máis de 7.000 euros en premios.
Os premios foron saíndo durante a duración da campaña mediante un sistema directo a través da plataforma de rexistro ubicada na web de www.compranomorrazo.com e onde os usuarios rexistraron máis de 45.000 códigos das súas compras e de onde saíron os gañadores dos 72 premios directos de 50,100,200 e 300 euros que como xa é habitual entréganse en formato de cheques compra para que volten a consumirse ata o día 10 de febreiro nos establecementos participantes na campaña.
Os 6 premios de 300€ e os 9 premios de 200€ xa están en mans dos afortunados gañadores, Fecimo, xa fixo entrega desta forma de tódolos premios principais da campaña e xa son poucos os que quedan por recoller os premios de menor contía.
Cabe destacar que este ano non se celebrou o tradicional sorteo final de premios, xa que dende a organización decidiuse partir tódolos premios en premios directos, co fin de premiar ao maior número posible de xente e por a maior cantidade posible de cartos en circulación, decisión que foi moi ben recibida tanto polo comercio coma polos participantes na propia campaña.