27
Xuñ
2011
Presentación da Nova Guía Turística ” O Morrazo con todos os sentidos”
27/06/2011 O pasado sábado, 25 de xuño ás 13:00 h. tivo lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas a presentación da nova Guía Turística “O Morrazo con todos os sentidos”. Esta publicación trátase dunha Guía dos Recursos Naturais e Patrimoniais do Morrazo editada por FECIMO coa colaboración do Padroado Rías Baixas.
Editáronse 7.000 exemplares destinados a poñer en valor a nosa Comarca cara o exterior
Xosé Bangueses, Presidente de FECIMO, foi o encargado de presentar esta guía que xurdiu froito do traballo conxunto de Fecimo e os autores locais, sen os cales non se podería levar a cabo a labor de recopilación e edición dos contidos que se incluen na guía.
Bangueses recordou que Fecimo leva dous anos traballando neste proxecto, co fin de por en valor os recursos da Comarca do Morrazo e a cultura que caracteriza este territorio.
Este proxecto enmárcase dentro da política de Fecimo “comprometidos co noso contorno” a través da cal se levan a cabo actividades e promocións novidosas entre as xentes do Morrazo como os roteiros ou a edición do libro “Mares e terras do Morrazo”.
Por outra banda, durante o acto, Salvador Castro Otero, Coordinador do proxecto, explicou a estrutura e desenvolvemento da Guía así como as peculiaridades que se incorporaron nun proxecto tan ambicioso e que contou coa participación doutros sete autores.
Os autores participantes na guía foron: Belarmino Barreiro Rosales, Salvador Castro Otero, Roberto García Causo, Xosé Manuel González Barreiro, Manuel Pérez Rúa, Manuel Reboredo Tajes, Sonia Valladares Rodríguez e Juan Carlos Villegas García.
Estre os asistentes á presentación, acudiron Félix Juncal, Alcalde do Concello de Bueu, José Enrique Sotelo, Alcalde do Concello de Cangas e outros representantes dos catro concellos da Comarca.
Realizouse unha tirada de 7.000 exemplares, dos cales 5.000 foron editados en Castelán, 1.000 en Galego e outros 1.000 en edición de tapas duras para regalos institucionais. A partir do pasado sábado están á venda nas librarías da comarca a un prezo de 12 €.
A guía será distribuída entre os Centros de Ensino e Bibliotecas da Comarca e todas as empresas asociadas terán á súa disposición un exemplar que poderán recoller nas oficinas da Federación.
VIDEO PROMOCIONAL