• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Mar

2024

CHEGA A PRIMAVERA AO MORRAZO CARGADA DE PREMIOS

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

  • A chegada da Primavera está a alterar as empresas do Morrazo.

 

Coa chegada desta estación prodúcense cambios no comportamento das persoas, e especialmente no comercio do Morrazo, que rebosa de entusiasmo ofrecendo a posibilidade aos seus clientes de gañar 1.500€ en compras nesta nova campaña.

A Primavera está no aire, as flores comezan a brotar e ansiamos disfrutar de temperaturas cálidas e de días máis longos.

Os escaparates estanse a ateigar de coloridos outfits propios da tempada primavera-verán. Xa é hora de quitar capas de enriba e vestir máis lixeiro e chamativo, lucir peiteado e encher de cores os nosos fogares.

Desenvolvemento da campaña

Que mellor maneira de darlle a Benvida á PRIMAVERA que poñer en marcha unha nova campaña cargadiña de premios para os clientes que merquen en local.
 
Nesta iniciativa sortearanse 1.500€* en COMPRAS GRATIS entre as compras ou servizos, maiores de 10€,  realizados nos establecementos asociados de Bueu, Cangas e Moaña entre os días 23 de marzo e 30 de abril de 2024.
 
Participar é moi doado, soamente hai que entrar en www.comerciodomorrazo.com e rexistrar estes tickets xunto cos datos persoais co fin de poder contactar no caso de resultar premiado.
 
Cantos máis tickets rexistrados, máis posibilidades de ser gañador/a dun dos premios sorteados.
 
O sorteo terá lugar o vindeiro 3 de maio, ao remate da mesma. *Os premios serán entregados en formato tarxeta regalo para volver a ser gastado en calquera das empresas asociadas.
 
Os tickets rexistrados deben ser gardados ata que le realice o sorteo, xa que de resultar gañador serán solicitados para a súa validación. De non enviar o ticket de compra, non cumplirá os requisitos que marcan as bases para recibir o premio.
 
Os premios terán unha limitación de 100€ por ticket premiado. Así que aínda que o ticket premiado teña un importe maior deste importe, a tarxeta regalo será cargada con 100€. 

Histórico